Quedan poucas semanas para coñecer os novos dispositivos de dúas das grandes marcas do panorama Android, Samsung e Huawei. Se hai poucos días vimos unha foto dun dos modelos de Samsung, hoxe tócalle a Huawei sufrir as filtracións dos seus modelos.
O primeiro que descubren as imaxes de prensa dos novos modelos de Huawei é a aposta por un amplo abano de cores, iso si, non tan chamativos como os que temos visto nos últimos tempos. Son o negro, beige, gris, azul e perla.
Por outro lado, o outro dato que se descubren son as cámaras. No caso do Huawei P40 temos tres sensores traseiros xunto co flash LED, que segundo se comenta serían un sensor principal de 52 Mpx con tamaño 1/13”, un gran angular de 40 Mpx cine con tamaño 1/1.5” e un telefoto con zoom óptico de tres aumentos con 8 Mpx.

No caso do Huawei P40 Pro habería un cuarto sensor, que sería o periscópico con zoom de 5 aumentos e, de seguro, un sensro ToF para completar o sistema.
Malia estas informacións aínda é cedo para poder confirmar que estas imaxes e información son certeiras ao cento por cen, mais as fontes semellan ser bastante fiábeis. En marzo sairemos de dúbidas.