Os OnePlus 8 e OnePlus 8 Pro aparecen en Amazon por erro

Un erro de Amazon India pode ter adiantado a chegada dos dous teléfonos de referencia de OnePlus deste ano, o OnePlus 8 e OnePlus 8 Pro, xa que todasas previsións apuntaban a que fose en abril ou maio cando fosen anunciados de maneira oficial.

Ambos dispositivos apareceron no programa de afiliados de Amazon India por uns minutos, tempo suficiente para que varias usuarias capturasen a información sobre os mesmos, que non vai máis aló dun par de imaxes e a confirmación do nome.

Polo de agora descoñecemos cal será a folla de especificacións destes modelos, que poderían chegar nada máis Samsung e Xiaomi presenten a súa artillería, a partir da próxima semana, mais de seguro que apostan polas últimas prestacións, tal e como nos foron acostumando nos últimos anos desde a compañía chinesa.

Sobre o autor

Reply