Vodafone extende o servizo de televisión á clientela que só ten móbil

A operadora Vodafone anunciou a semana pasada que a súa clientela que teña contratado servizo só móbil vai poder beneficiarse tamén da súa oferta de televisión, Vodafone TV, a partir do 9 de marzo. Poderán facelo, ademais, tanto nos seus smartphones como en Smart TVs e outros dispositivos móbiles, o que amplía as posibilidades, especialmente para as usuarias con tarifas de datos ilimitadas.

A través da aplicación Vodafone TV, as clientes da compañía poderán acceder aso diferentes paquetes de televisión, que oscilan entre os 5 €/mes e os 20 €/mes, aínda que tamén existe un plan básico universal incluído de maneira gratuíta, no que están as canles xeralistas.

Os diferentes paquetes de televisión que se poden contratar son os seguintes:

  • Seriefans: 10 €/mes.
  • Serielovers: 20 €/mes.
  • Cinefans: 12 €/mes.
  • Documentales: 8 €/mes.
  • Peques: 5 €/mes.
  • Música: 10 €/mes.
  • Deportes: 5 €/mes.
  • Caza: 7 €/mes.

A configuración do servizo é moi sinxela, xa que se pode activar de maneira instantánea cun correo electrónico desde a propia aplicación, e con ese nome de usuario (o correo) e un contrasinal xa se pode acceder á aplicación en SmartTVs varias, aínda que a propia aplicación é compatíbel con Chromecast.

Sobre o autor

Reply