Por fin chegou o día do UNPACKED, o evento no que Samsung deu a coñecer de maneira oficial os seus novos trebellos de gama alta para esta primeira perte do ano. Falamos da familia Galaxy S, unha das máis icónicas da compañía, que chega á súa decimoprimeira versión cos novos Galaxy S20, Galaxy S20 Plus e Galaxy S20 Ultra, tres alternativas para dirixirse a diferentes públicos.
A principal diferenza deste ano cos modelos das últimas datas é a aparición dese acabado “Ultra”, o dispositivo de maior rango nesa gama, con diferenzas tanto de deseño como de prestacións, como veremos máis adiante.
O punto máis novidoso da familia Galaxy S20 é o da fotografía, onde se integra unha nova arquitectura de cámara que combina a Intelixencia Artificial co sensor máis grande fabricado por Samsung a día de hoxe, así como a conectividade, apostando polas redes 5G que cada vez son máis populares ao longo do mundo.
Vexamos polo miúdo cales son as especificacións técnicas dos tres modelos presentados onte por Samsung:
Pantalla
Os tres modelos levan unha pantalla Quad HD+ Dynamic AMOLED 2X Infinity-O Display, é dicir, unha pantalla AMOLED co burato para a cámara frontal, con resolución 3200 x 1440 píxeles. O seu tamaño varía dependendo do modelo:
- Galaxy S20: 6,2 polgadas.
- Galaxy S20 Plus: 6,7 polgadas.
- Galaxy S20 Ultra: 6,9 polgadas.
Ademais cabe destacar que son compatíbeis co modo 120 Hz, aínda que por defecto veñen con 60 Hz.
Cámara
A cámara varía dependendo do modelo, polo que é unha das características diferenciadoras á hora de que unha usuaria se decante por un ou outro modelo.
O Galaxy S20 e S20 Plus comparten a cámara frontal, de 10 Mpx con dual pixel, f/2.2 e 80 graos, así como varias das súas cámaras traseiras
- Ultra gran angular 12 Mpx con f/2.2 (120 graos).
- Gran angular de 12 Mpx con f/1.8 (79 graos).
- Teleobxectivo de 64 Mpx con f/2.0 (76 graos).
- O Galaxy S20 Plus engade un sensor ToF VGA para profundidae.
Pola súa banda, o Galaxy S20 Ultra aposta por unha cámara frontal de 40 Mpx con PDAF e f/2.2 (80 graos9, mentres que a combinación de cámaras traseiras queda como segue:
- Ultra gran angular 12 Mpx con f/2.2.
- Gran angular de 108 Mpx con f/1.8
- Teleobxectivo de 48 Mpx.
- Sensor DepthVision ToF VGA.
Procesador
A escolla de procesador depende do mercado no que se comercialice, se ben é certo que as dúas opcións que se ofrecen son moi semellantes:
- Procesador 7 nm e 64 bits de oito núcelos (2,7 GHz + 2,5 GHz + 2 GHz)
- Procesador 7 nm e 64 bits de oito núcleos (2,8 GHz + 2,4 GHz + 1,8 GHz)
Memorias
As combinación de memorias internas e RAM depende dos modelos escollidos, e tamén das opcións de conectividade.
Galaxy S20
O Galaxy S20 comercialízase en dúas versións:
- LTE: 8 GB de RAM + 128 GB de interna.
- 5G: 12 GB de RAM + 128 GB de interna.
Galaxy S20 Plus
Hai un total de catro versións:
- LTE: 8 GB de RAM + 128 GB de interna.
- 5G: todas levan 12 GB de RAM, podendo escoller entre 128, 256 ou 512 GB de interna.
Gaalxy S20 Ultra.
Comercialízanse tres versións, todas elas con conectividade 5G:
- 5G: 12 GB de RAM e posibilidade de escoller 128 ou 256 GB de interna.
- 5G: 16 GB de RAM con 512 GB de interna.
Batería
A batería varía segundo o modelo escollido, sendo de 4000 mAh no Galaxy S20, 4500 mAh no Galaxy S20 Plus e 5000 mAh no Galaxy S20 Ultra.
Son compatíbeis con carga súper rápida en cableado, e tamén con carga sen fíos e carga reversíbel, para poder cargar outros dispositivos ou accesorios.
Dispoñibilidade e prezos
Por último, e non menos importante, cabe falar de prezos. Os tres modelos chegarán ao noso país o próximo 13 de marzo, e facendo a pre-compra levarase de agasallo uns auriculares sen fíos Galaxy Buds+, tamén presentados no evento de onte. Os prezos son os que seguen:
- Samsung Galaxy S20
- 909 € (4G/128 GB/8 GB RAM)
- 1009 € (5G/128 GB/12 GB RAM)
- Samsung Galaxy S20+
- 1009€ (4G/128 GB/8 GB RAM)
- 1109€ (5G/128 GB/ 12 GB RAM)
- 1259€ (5G/512 GB/12 GB RAM)
- Samsung Galaxy S20 Ultra
- 1339€ (5G/128 GB/12 GB RAM)
- 1559€ (5G/512 GB/16 GB RAM)
Cal deles escolleríades?