Todo o que debes saber do Samsung Galaxy Z Flip

O ano pasado Samsung sorprendeu ao mundo coa chegada do Galaxy Fold, o seu primeiro dispositivo pregábel, cuxas primeiras unidades resultaron fallidas e obrigaron a paralizar a súa distribución inicial e retrasar a chegada ao mercado. Neste 2020, o fabricante surcoreano vai un paso máis aló, dun dispositivo que seguramente teña máis percorrido e marque o futuro deste tipo de smartphones. Falamos do Samsung Galaxy Z Flip, anunciado xunto cos novos Galaxy S20 no Unpacked do pasado martes.

Trátade dun dispositivo de alta gama que combina especificacións de primeira liña coa estética retro dos dispositivos pregábeis do década do 2000, e de seguro conta cun público potencial moito maior que o anterior Fold.

A súa pantalla é, sen dúbidas, o seu aspecto máis destacado. Trátase dun panel AMOLED con resolución Full HD (2636 x 1080 píxeles) de 6,9 polgadas, e un ratio algo maior que o habitual. Dentro temos un procesador Qualcomm Snapdragon 855+ de 7 nm (o modelo de referencia de Qualcomm de 2019), xunto con 8 GB de memoria RAM e 256 GB para almacenaxe interna.

No aspecto fotográfico contamos coas mesmas cámaras que os Galaxy S20 e Galaxy S20+, é dicir, unha frontal de 10 Mpx con apertura f/2.4 e unha traseira formada por tres sensores: cámara princicpal de 12 Mpx con autoenfoque e estabilizador óptico con f/1.8, cámara gran angular de 12 Mpx con f/2.2 e cámara teleobxectivo de 64 Mpx con f/2.2.

A súa batería é de 3.300 mAh, con carga rápida a 15W e sensor Qi de carga sen fíos a 15W. En canto á conectividade, leva USB-C, compatíbel con Ethernet mediante adaptador USB-C, e WiFi f/5/6, ademais de Bluetooth 5.0.

En canto ao seu tamaño, despregado mide 167,9 x 73,6 x 7,2 mm, mentres que cando está pechado mide 87,4 x 73,6 x 17,3 mm. Cabe sinalar que cando está pechado dispón dunha pequena pantalla secundaria, de pouco máis dunha pulgada, que amosa notificacións e tamén nos permite pequenas funcións, como aceptar ou rechazar chamadas e previsualizar selfies.

É evidente que o cambio de deseño tamén implica unha actualización de software, e neste sentido atopámonos coa combinación de cambios na interface de Samsung, OneUI, e tamén de Android 10, en colaboración con Google. De feito, Google está a traballar moi de preto cos fabricantes interesados en fabricar este tipo de móbiles para adaptar as aplicacións.

Dispoñibilidade e prezo

O nvoo Galaxy Z Flip chega hoxe ao noso país en dúas cores, Black Mirror e Purple Mirror, aínda que durante a presentación púidose ver tamén unha versión en dourado.

En canto ao seu prezo, calquera dos dous modelos custa 1.500 euros, un prezo que se ben é elevado resulta pouco superior aos modelos de alta gam e bastante inferior ao que tiña (e ten) o Galaxy Fold (2.020 €)

Sobre o autor

Reply