Orange Bank únese a Samsung Pay

Samsung Pay continúa coa súa expansión no noso país, incluíndo cada vez máis bancos compatíbeis co seu sistema de pagos móbiles, un dos máis empregados no noso país, xa que permite ter nun único sistema de pago as tarxetas de varias entidades.

O último banco en sumarse á plataforma bancaria de Samsung é Orange Bank, a sucursal bancaria vencellada á operadora Orange, que chegou ao noso país hai unhas semanas cun marcado compromiso dixital.

Para poder empregar este tipo de pagos cos smartphones ou smartwach de Samsung é preciso que o establecemento teña un TPV con tecnoloxía de pagos sen fíos (contactless), que hoxe en día case todos o son, e a aplicación de Samsung Pay instalada e configurada coa tarxeta que se queira empregar.

Cada vez son máis as entidades españolas compatíbeis con Samsung Pay. Polo de agora xa está dispoñíbel en Abanca, Bankia, Bankinter, Bankintercard, BBVA, CaixaBank, Cajasur, Caixa Ontinyent, Carrefour Servicios Financieros, Cecabank, Cetelem, Deustche Bank, EL Corte Inglés, Edenred, IberCaja, ImaginBank, Kitxabank, LiberBank, Openbank, Orange Bank, Sabadell, Santander, Unicaja Banco e WiZink

Sobre o autor

Reply