Logo de facerse con todas as cableiras do norte (R e Telecable), Euskaltel e emprender negocio con R nalgúns puntos de León, Euskaltel vén de lanzar nova marca para todo o Estado español: Virgin Telco.
Con Virgin Telco a compañía vasca aspira a seguir medrando como quinto operador a nivel estatal, e para iso empregará unha marca coñecida internacionalmente, e que xa podemos contratar desde calquera punto do estado.
A diferenza da meirande parte das marcas “low cost” das compañías grandes, que só ofrecen fibra e móbil, Virgin Telco conta cos catro servizos do chamado “cuádruple play”, é dicir, teléfono, internet, televisión e móbil, aínda que serán as propias clientas as que decidan cales queren instalar, configurando unha oferta totalmente personalizada.
Tarifas converxentes (fibra + móbil)
Virgin ofrece ás usuarias dúas modalidade de fibra óptica FTTH simétrica, unha de 300 / 300 Mbps e outra de 600 / 600 Mbps, por 33 e 39 euros mensuais respectivamente.
A calquera destas opcións pódeselle sumar unha liña móbil, con chamadas ilimitadas e 20 GB de datos por 6 €/mes ou con chamadas e datos ilimitados por 29 €/mes.
Quen ademais queira poñer teléfono fixo pode facelo por 6 euros ao mes, incluíndo chamadas ilimitadas a fixos e 100 minutos a móbiles, ademais de servizo multiring que permite coller no fixo ou no móbil.
Finalmente, aquelas persoas que desexen incluír televisión poden optar por Televisión Premium con 50 canles, por 8 €/mes adicionais, ou pola Televisión Premium Total con 80 canles e 14 €/mes. En ambos casos inclúese un decodificador Android 4K, e se permite contratar un pack de estreas de cinema por 9 €/mes a maiores.
Resumindo, algunhas das combinacións poderían ser as seguintes:
- Fibra 300Mbps + móbil (ilimitadas + 20 GB): 39 €/mes
- Fibra 600 Mbps + móbil (chamadas e datos ilimitados): 62 €/mes
- Fibra 600 Mbps + fixo + móbil ilimitado + TV Premium Total: 82 €/mes
Se desexamos engadir liñas de móbil adicionais tamén podemos facelo, até un máximo de tres liñas extra. Os prezos serían os seguintes:
- 10 GB + ilimitadas: 9 €/mes
- 20 GB + ilimitadas: 14 €/mes
- Datos e chamadas ilimitadas: 37 €/mes
Tarifas só móbil ou fixo/móbil
Para aquelas persoas que só queiran servizo de móbil, Virgin tamén conta cunha oferta reducida de tarifas:
- 10 GB + ilimitadas: 9 €/mes
- 20 GB + ilimitadas: 14 €/mes
Ademais, dispoñen dunha combinación fixo – móbil destinada a persoas maiores, que por 19 €/mes inclúe o seguinte:
- Liña fixa con chamadas ilimitadas.
- Liña móbil con chamadas ilimitadas
- 2 GB de navegación no móbil
Ademais, o fixo é “móbil”, polo que se pode levar a calquera destino e seguir disfrutando das chamadas do fixo, e se inclúe un terminal compatíbel para poder empregalo.