Samsung continúa a ampliar a súa rede de entidades bancarias asociadas integrando a Santander Consumer Finance ao seu servizo de pagos móbiles Samsung Pay.
Desde esta semana, as usuarias de Santander Consumer España poderán realizar compras e transaccións de pago a través dos seus smartphones e reloxos intelixentes de Samsung compatíbeis con Samsung Pay, un sistema de pagos que xa conta con máis de dous millóns de usuarias en España.
Segundo apunta a compañía, o 50% das usuarias de Samsung son tamén do servizo de pagos, e este supón un punto máis de fidelización, xa que o 70% dos mesmos o considera ao cambiar de móbil para poder seguir empregando o servizo.