Fíltranse novos datos da Xiaomi Mi Band 5

Xiaomi está a traballar na nova versión dun dos seus dispositivos máis vendidos, a Mi Band. Estamos a falar da Xiaomi Mi Band 5, o modelo que proximamente coñeceremos de maneira oficial e con todo luxo de detalles.

Mais polo de agora temos que quedarnos coas filtracións, que ao igual que acontece cos smartphones, serven para adiantarnos algunhas das súas características.

Aínda que semella que a Mi Band 5 non cambiará moito no estético fronte á Mi Band 4, si que parece que a pantalla será algo maior, coa posibilidade de personalizar ao gusto os fondos de pantalla.

En canto ás súas funcións, as principais novidades chegarán coa posibilidade de medir o estrés ou a saturiación do oxíxeno na sangue, e pode que tamén a posibilidade de poder usarse como disparador da cámara, aínda que isto último estaría por confirmar.

Por outra banda, a novidade máis importante sería a inclusión do chip NFC para pagos móbiles no modelo internacional, se ben é certo que en principio só compatíbel coas atarxetas de crédito Mastercard.

Está previsto que o novo dispositivo de Xiaomi sexa anunciado nun evento na China o próximo día 11, no que poderemos coñecer todas as súas posibilidades.

Sobre o autor

Reply