O fabricante xaponés Sony vén de anunciar que un dos modelos que plantexaba lanzar durante o Mobile World Congress, o Sony Xperia 10 II, chegará de forma oficial ao noso país por 369 euros.
Trátase dun modelo de gama media con estilo premium, que ten como principal atractivo a presenza dun zoom óptico. Trátase dunha cámara formada por un sensor principal de 13 Mpx (26 mm), un gran angular de 8 Mpx (16 mm) e un telefoto de 8 Mpx (52 mm). Do outro lado, a cámara frontal é de 8 Mpx.
O dispositivo conta cunha pantalla OLED de 6.0 polgadas, con resolución Full HD+ e relación de aspecto 21:9. No seu interior alberta un procesador Qualcomm Snapdragon 665, xunto con 3 GB de RAM e 128 GB de almacenaxe interno.
Dispón de conectividade WiFi 802.11ac, 4G LTE, GPS, GLONASS e jack de auriculares de 3.5 mm. O lector de pegadas dixitais atópase nun lateral do dispositivo, e ten resistencia á auga e pó segundo o estándar IP65/68, e a súa batería queda nos 3.600 mAh de capacidade.