O verán aviva as ofertas e promocións na telefonía móbil

Achégase o verán e con el chegan tamén as promocións que todas as operadoras, en maior ou menor medida, poñen en marcha para captar nova cliente e reter a actual. Se ben é certo que estas ofertas témolas tanto nas marcas principais, onde son máis sonadas é nas marcas alternativas destas ou nas compañías de baixo custe.

Regalar gigas tense convertido no principal reclamo desas compañías, e así vemos como case todas as operadoras apostan por esta opción.

Nas marcas de Orange vemos como Simyo agasalla con 30 GB adicionais par consumir durante 30 días consecutivos, que comezan a contar cando a clienta active a promoción, mentres que Amena actualiza todas as súas tarifas “vitaminándoas” para poder contar con até 60 GB mensuais para disfrutar até setembro. Algo semellante acontece con Lowi, a marca de baxi custe de Vodafone, que agasalla con 60 gigas que se poden activar antes do 15 de agosto e disfrutar até o 15 de setembro.

Outas compañías optan por reducir temporalmente as cotas das súas tarifas, como Jazztel, que aplica desde comezo de xuño unha rebaixa nalgúns plans durante tres meses, ou Movistar, que ofrece os paquetes de televisión Fusión Selección LaLiga e Champios, tamén a prezo reducido durante tres meses.

Suop, unha das compañías de baixo custo móbil, vén de engadir hai pouco o servizo de fibra, e celébrao cunha promoción que permite combinar diferentes plans e gozar dun prezo reducido durante 6 meses. Así, por exemplo, a fibra de 100 megas simétricos cunha liña móbil con chamadas ilimitadas e 14 Gb custa 19,99 euros ao mes durante seis meses.

Como vedes, son moitas as opcións para disfrutar de mellores condicións durante este verán, polo que é importante estar atentas a ver que nos ofrece a nosa compañía ou, se non nos convence, decidirse a probar outra alternativa.

Sobre o autor

Reply