As mensaxes de voz chegan a Twitter

Ninguén os pediu, pero Twitter decidiu que os necesitabamos. Do mesmo modo que todas as aplicacións de mensaxería instantánea os teñen, a rede social de microblogging Twitter vén de habilitar a opción de enviar mensaxes de voz.

Esta nova opción ten un funcionamento moi sinxelo, xa que o único que hai que facer é clicar no botón de Twittear, para logo clicar na icona da lonxitude de onda. Desde aí poderemos gravar até 140 segundos de audio, aínda que se nos pasamos desta duración xerarase automaticamente un fío de tweets co audio total cortado en tramos desa duración máxima.

Para escoitar estes audios,o único que hai que facer é tocar a imaxe que acompaña ao novo tweet; en iOS reproducirase como unha ventá emerxente na parte inferior da imaxe.

Nun primeiro momento, a creación de tweets con voz estará dispoñíbel para un número limitado de usuarias en Twitter, e unicamente para iOS, mais nas próximas semanas está previsto que chegue a máis xente. Iso si, de momento a compañía non adiantou cando poderemos ter esta nova funcionalidade en Android.

Sobre o autor

Reply