Amazon presenta Echo Auto no noso país

Amazon vén de anunciar o lanzamento no noso país de Echo Auto, o primeiro dispositivo da compañía deseñado exclusivamente para o seu uso durante a condución, grazas á integración do seu asistente Alexa.

O dispositivo conta con oito micrófonos especialmente deseñados para responder as condicións acústicas que se dan durante a condución, permitindo que Alexa escoite os comandos por riba da música, o ruído ambiental da estrada ou o que produce o aire acondicionado. Aliméntase mediante a topa de 12 V ou o porto USB, e se pode conectar ao sistema de audio pola toma de 3.5 mm ou a través do Bluetooth.

Grazas a el, as usuarias poderán reproducir música, facer chamadas telefónicas, perticipar en xogos compatíbeis coa condución, xestionar alarmas e recordatorios e outras funcións semellantes que só necesitan a voz.

O novo Echo Auto está dispoñíbel para mercar a través de Amazon e na rede de tendas de mediaMarkt por 59,99 euros.

Sobre o autor

Reply