A clientela de Vodafone de contrato, ben sexa de produtos só móbil ou converxencia, que non teñan datos ilimitados, poderán disfrutalos sen custe até o próximo 15 de setembro, como parte da campaña de verán posta en marcha pola operadora. Deste modo, poderán conectarse á rede sen limitacións, con acceso ademais ás velocidades 5G naqueles lugares nos que xa está dispoñíbel.
Para aquelas usuarias da compañía que xa disfrutan de datos ilimitados, Vodafone agasalla o servizo TIDAL HiFi sen custe durante 3 meses desde o momento da súa activación, desactivándose de forma automática para evitar que se teña que facer algún pago.
TIDAL HiFi permite escoitar música en streaming sen perda de calidade de son en alta fidelidade, e conta cun catálogo que inclúe máis de 60 millóns de cancións. Fóra de promocións, ten un custe mensual de 17,99 € para a clientela de Vodafone, e de 19,99 € para o resto de usuarias.
Ambas propostas deben activarse desde a aplicación Mi Vodafone de aquí ao 15 de agosto.
Incremento dun 60% no uso de datos
Vodafone lembra que o pasado verano a clientela da operadora aumentou nun 60% o consumo de datos con respecto ao ano anterior, como resposta á necesidade de estar en contacto e entretidas en mobilidade. Así mesmo, durante o confinamento o incremento do uso de datos móbiles superou un 23% a media, e o uso de aplicacións de mensaxería como WhatsApp multiplicouse por 5.