O próximo domingo, 12 de xullo, celebraranse as Eleccións ao Parlamento de Galiza, unha xornada electoral cuxos datos poderán seguirse en directo tanto a través da web lanzada a tal efecto, como das aplicacións que xa están dispoñíbeis tanto para Android como para iOS.
A través de ambas canles, aplicacións e páxina web, poderanse seguir os avances de participación que se realicen ao longo do día, así como tamén o escrutinio en tempo real, tanto a nível galego, como provincial ou detallado por concellos. Para comparar a evolución, estes resultados poderanse contrastar cos optidos nas eleccións de 2016.
Máis aló dos resultados que se produzan nas urnas, a aplicación dispón dun apartado que permite agrupar candidaturas para configurar diferentes opcións de goberno para sumar maiorías, o que vén a ser unha versión do famoso “pactómetro” que foi gañando impotancia nos últimos comicios celebrados no Estado español.
A páxina web de resultados pódese consultar na ligazón https://resultados2020.xunta.gal, que estará operativa o próximo domingo, mentres que aplicación pódese descargar desde este enlace á Play Store.