Oppo anuncia o lanzamento dunha carga rápida de 125W

O fabricante chinés Oppo anunciou esta semana o lanzamento oficial da carga rápida de 125W, ademais da carga rápida sen fíos AirVOOC de 65W, o mini cargador portátil ultra pequeno SuperVOOC de 50W e o mini cargador rápido de 110W.

A tecnoloxía de carga rápida de 125W supón o último avance tecnolóxico de carga rápida no segmento da telefonía móbil, algo necesario para a era 5G que estamos iniciando.

Estes cargadores permiten cargar unha batería de 4.000 mAh de capacidade até o 41% en 5 minutos, e facelo por completo en 20 minutos a máxima velocidade.

Por outra banda, Oppo tamén anunciou a carga rápida sen fíos AirVOOC de 65W, que tamén supón un avance na carga sen fíos, converténdose na máis rápida que existe até o momento.

Esta carga rápida permítenos cargar sen fíos unha batería de 4.000 mAh en 30 minutos, reducindo a interferencia na frecuencia e polo tanto permitendo aplicar de forma extendida a carga sen fíos.

Por outra banda, Oppo tamén anunicou unha serie de cargadores pequenos de alta potencia, doados de levar a calquer sitio. Un deles é de 50W, e destaca – en palabras da compañía – por ser “o máis pequeno e delgado do mundo, e outro de 110Wm con arquitectura única de dobre nível.

Sobre o autor

Reply