Toda a información dos novos Samsung Galaxy Note20, Z Fold 2, Tab S7, Buds Live e Watch 3 anunciados onte

Samsung celebrou onte un gran evento de presentación no que deu a coñecer numerosos dispositivos. En concreto, anunciou 3 teléfonos, 2 tablets, un reloxo e uns novos auriculares, dos que vos imos falar a continuación.

SAMSUNG GALAXY NOTE20 / NOTE20 ULTRA

O principal reclamo de Samsung no Unpacked de onte foi a familia Note. O fabricante surcoreano anunciou dous modelos deste terminal, o Galaxy Note20 e o Galaxy Note20 Ultra, dous modelos de gama alta que se diferencian entre eles non só no tamaño, que tamén, senón nalgunhas das súas características técnicas.

Ambos os dous levan o mesmo procesador que a familia S20 presentada a comezos de anos, o Exynos 990 de fabricación propia, e as súas respectivas follas de especificacións podemos consultalas a continuación:

Samsung Galaxy Note20Samsung Galaxy Note20 Ultra
PantallaSuper AMOLED de 6,7 polgadas
Ratio 20:9
FullHD+ a 2.400 x 1.080
Refresco a 60Hz
Pantalla plana
Super AMOLED de 6,9 polgadas
Ratio 19.3:9
WQHD+ a 3.088 x 1.440
Refresco a 120Hz
Pantalla curva
ProcesadorExynos 990Exynos 990
Versións (RAM / Interna)Única de 8GB/256GB8GB/256GB
12GB/256GB
12GB/512GB
MicroSD
Cámara traseira12 megapíxeles f/1.8 OIS
64 megapíxeles f/2.0 OIS Zoom híbrido 3X
12 megapíxeles f/2.2 UGA
108 megapíxeles f/1.8 OIS
12 megapíxeles f/3.0 OIS Zoom óptico 5X
12 megapíxeles f/2.2 UGA
Cámara frontal10 megapíxeles f/2.210 megapíxeles f/2.2
Software de serieAndroid 10
OneUI 2.1
Android 10
OneUI 2.1
Dimensións e peso161,6 x 75,2 x 8,3 mm
192 gr
164,8 x 77,2 x 8,1 mm
208 gr
Batería4.300 mAh
Carga rápida de 25W
4.500 mAh
Carga rápida de 25W
Coenctividade e son4G/5G
WiFi 6
Bluetooth 5.1
GPS
USB tipo C
5G
WiFi 6
Bluetooth 5.1
GPS
USB tipo C
OutrosLector de pegadas en pantalla
Protección IP68
S Pen
Lector de pegadas en pantalla
Protección IP68
S Pen
Prezos8GB/256GB: 949 euros12GB/256GB: 1.299 euros

Como pode verse, malia contar co mesmo procesador hai varias características que son moito máis interesantes no Note20 Ultra, como as combinacións de memorias ou a cámara, onde sen dúbida hai bastanets diferenzas.

Galaxy Note 20

No modelo base, o Galaxy Note20, temos unha pantalla de 6,7 polgadas SuperAMOLED sen curvatura, e a posibilidade de elixir entre versións 4G e 5G, iso si, cunha única combinación de memorias de 8 + 256 GB non ampliábeis, a diferenza do modelo Ultra, onde si que se permite o uso dunha memoria microSD.

Cabe destacar a batería de 4.300 mAh, unha capacidade bastante superior ao modelo base do ano pasado, e que seguro que aporta máis horas de auotnomía. No apartado fotográfico temos unha cámara traseira formada por un sensor principal de 12 megapíxeles con f/1.8 e OIS, un segundo sensor de 64 Mpx f/2.0 e zoom híbrido de 3 aumentos, e un gran angular de 12 megapíxeles con f/2.2; para a parte dianteira Samsung apostou por un sensor único de 10 Mpx con f/2.2.

Galaxy Note20 Ultra

Pola súa banda, o Galaxy Note20 Ultra está pensado para aquelas usuarias que sacan todo o xugo aos seus terminais. non só mellora a pantalla cun panel de 6,9 polgadas SuperAMOLED WQHD+ curvado, senón que ademais conta con taxa de refresco de 120 Hz.

Hai unha versión 4G que non se vai comercializar no noso país, onde unicamente teremos os modelos 5G con 12 + 256 GB ou 12 + 512 GB de memoria, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 1 TB de capacidade.

A cámara principal é un punto diferencial coa versión máis básica, ao contar cun sensor principal de 108 Mpx con f/1.8 e OIS. O Segundo é un sensor de 12 Mpx con f/2.3 con zoom óptico de 5 aumentos e OIS e o gran angular un sensor de 12 Mpx con f/2.2 Na cámara frontal temos uns ensor de 12 Mpx.

S Pen mellorado

Como en cada nova versión, o S-Pen vese mellorado, sendo máis rápido e máis preciso que a versión anterior. Pero ademais engádense novas funcionalidades, como podemos ver no vídeo seguinte, a través da mellora de Samsung Notes.

Dispoñibilidade e prezo

Malia as diferentes combinacións de memorias e conectividade, polo de agora Samsung indicou as seguintes opcións e prezos para o noso país:

  • Galaxy Note20 4G (8 + 256 GB): 959 € (dispoñíbel en Mystic Bronze, Mystic Green e Mystic Gray).
  • Galaxy Note20 5G (8 + 256 GB): 1059 € (dispoñíbel en Mystic Bronze, Mystic Green e Mystic Gray).
  • Galaxy Note20 Ultra 5G (12 + 256 GB): 1309 € (dispoñíbel en Mystic Bronze e Mystic Black).
  • Galaxy Note20 Ultra 5G (12 + 512 GB): 1409 € (dispoñíbel en Mystic Bronze e Mystic Black).

SAMSUNG GALAXY Z FOLD 2

Outra das novidades da tarde de onte foi o lanzamento da nova versión do teléfono pregábel de Samsaung, o Galaxy Z Fold 2. Trátase da evolución do Z Fold que coñecemos en febreiro de 2019, e que tras un lanzamento algo polémico parece que chega máis reforzado.

A continuación podemos consultar a súa ficha técnica completa

Samsung Galazy Z Fold 2
PantallaInterior: Dynamic AMOLED de 7,6 pulgadas, FullHD+ (2.152 x 1.536 píxeles), 120Hz,HDR10+
Exterior: Super AMOLED de 6,23 pulgadas, FullHD
ProcesadorSnapdragon 865+ e GPU Adreno 650
VersiónsÚnica de 12GB/512GB
Cámara traseira64 megapíxeles f/1.8, OIS
Teleobxectivo 12 megapixeles f/2.4, OIS, Zoom 2X
Gran angular 16 megapíxeles f/2.2
Cámara frontalInterna: 10 megapíxeles f/2.2
Externa: 10 megapíxeles f/2.2
Software de serieAndroid 10 + OneUI 2.1
Dimensións e peso156,8 x 74,5 x 8,67 mm
179 gr
Batería4.356 mAh
Carga rápida de 15W
Carga sen fíos de 15W
Carga sen fíos inversa de 9W
Conectividade5G, WiFi 6, Bluetooth 5.1, GPS, USB tipo C, NFC
OutrosLector de pegadas lateral, altofalantes estéreo AKG
PrezoPendente de determinar

Esteticamente, poucos cambios atopamos entre este modelo e o anterior, aínda que agora temos pantallas máis grandes perforadas Infinity-O, a externa de 6,2 polgadas (medrando considerabelmente fronte o modelo orixinal) e a interna, en modo tablet, de 7,6 polgadas.

Polo demais temos un procesador Qualcomm que lle aporta conectividade 5G e unha única opción de memorias, 12 + 512 GB. Nas cámaras o sensor principal é de 64 Mpx con f/1.8 e OIS, que está acompañado dun teleobxectivo de 12 Mpx con f/2.4 con OIS e zoom óptico 2X e un gran angular de 16 Mpx con f/2.2. As dúas cámaras internas, unha para cando está pechado e outra para cando está aberto, son de 10 Mpx.

Poderase mercar en dúas cores, Mystic Bronze e Mystic Black, mais polo de agora o fabricante non confirmou nin cando nin a que prezo, mais todo fai augurar que superará os 2.000 euros.

SAMSUNG GALAXY TAB S7 / TAB S7+

Maís aló de teléfonos, Samsung tamén anunciou onte dous novos modelos da súa serie de tablets, a Galaxy Tab S7 e a Galaxy Tab S7+, un modelo practicamente idéntico en característicaspero que conta con polgada e media adicional de tamaño e, de forma paralela, máis batería.

Esta é a súa ficha técnica:

Samsung Galaxy Tab S7Samsung Galaxy Tab S7+
PantallaLTPS TFT de 11 polgadas
Ratio 16:10
WQXGA a 2.560 x 1.600
Refresco a 120Hz
Super AMOLED de 12,4 polgadas
Ratio 16/10
WQXGA+ a 2.800 x 1.752
Refresco a 120Hz
ProcesadorSnapdragon 865+ a 3,09GHzSnapdragon 865+ a 3,09GHz
Versións6GB/128GB
8GB/256GB
MicroSD hasta 1TB
6GB/128GB
8GB/256GB
MicroSD hasta 1TB
Cámara traseira13 megapíxeles
5 megapíxeles ultra gran angular
13 megapíxeles
5 megapíxeles ultra gran angular
Cámara frontal8 megapíxeles8 megapíxeles
SoftwareAndroid 10
OneUI 2.1
Android 10
OneUI 2.1
Dimensións e peso253,8 x 165,3 x 6,3 mm
WiFi: 498 gr
4G: 500 gr
5G: 502 gr
285 x 185 x 5,7 mm
575 gramos
Batería8.000 mAh
Carga rápida de 45W
10.090 mAh
Carga rápida de 45W
Conectividade e son4G/5G/WiFi 6
Bluetooth 5.0
GPS
USB tipo C
4G/5G/WiFi 6
Bluetooth 5.0
GPS
USB tipo C
OutrosLector de pegadas lateral
S Pen
Altofalantes cuádruples AKG
Dolby Atmos
Lector de pegadas en pantalla
S Pen
Altofalantes cuádruples AKG
Dolby Atmos

Como pode verse na táboa anterior, a Galaxy Tab S7 chega con pantalla LTPS TFT de 11 polgadas, con refresco de 120 Hz, e dipón dunha batería de 8.000 mAh de capacidade con carga ultrarrápida de 45 W e USB-C.

A combinación do procesador Snapdragon 865+ de Qualcomm, xunto coas diferentes opcións de memoria, garantirán unha fluídez bastante boa á hora de traballar con ela, e sempre poderemos aumentar a memoria a través de tarxetas microSD de até 1 TB de capacidade.

Máis grande é a Tab S7+, que sube até as 12,4 polgadas, e polo tanto tamén fai medrar a súa batería até os 10.090 mAh de capacidade, tamén con carga de 45W.

Comercialízanse varios modelos, de acordo coa capacidade e a súa conectividade. No noso país poderemos facernos cos seguintes:

  • Samsung Galaxy Tab S7 WiFi con 6GB/128GB: 699 €
  • Samsung Galaxy Tab S7 WiFi con 8GB/256GB: 779€
  • Samsung Galaxy Tab S7 4G con 6GB/128GB: 799€
  • Samsung Galaxy Tab S7 4G con 8GB/256GB: 879€
  • Samsung Galaxy Tab S7+ WiFi con 6GB/128GB: 899 €
  • Samsung Galaxy Tab S7+ WiFi con 8GB/256GB: 979€
  • Samsung Galaxy Tab S7 5G con 6GB/128GB: 1099€
  • Samsung Galaxy Tab S7 5G con 8GB/256GB: 1179€

SAMSUNG GALAXY BUDS LIVE

Os Samsung Galaxy Buds Live son a nova xeración de auriculares, fabricados en colaboración AKG que destacan polo seu novo deseño, que queda máis introducido na orella, e por dispór de cancelación de ruído activa.

A súa autonomía permite até 6 horas de uso, e o estuche no que se gardan ofrece dúas cargas adicionais completas. Este estuche pode cargarse mediante cable USB-C ou a través dun cargador sen fíos Qi (incluída a carga reversíbel dos últimos modelos de Samsung, cos que aseguran que 5 minutos de carga ofrece 1 hora de uso.

Chegarán o 21 de agosto en tres cores (branco, negro e bronce) por 199 euros.

SAMSUNG GALAXY WATCH 3

Por último, no evento de onte samsung tamén deu acoñecer o Galaxy Watch 3, unha nova xeración do seu reloxo intelixente, que chega en dous tamaños (41 e 45 mm) e tamén contando con conectividade Bluetooth ou 4G.

Os prezos nos que se comercializarán son os seguintes:

  • Versión BT e 41 mm: 439 €
  • Versión 4G e 41 mm: 489 €
  • Versión BT e 45 mm: 469 €
  • Versión 4G e 45 mm: 519 €

Sobre o autor

Reply