OnePlus e PUBG Mobile únense para ofrecer unha experiencia de xogo a 90 FPS

O fabricante chinés OnePlus vén de anunciar a súa asociación con PUGB Mobile para levar a experiencia gaming a 90 FPS a este popular xogo nos dispositivos OnePlus.

Deste modo, aquelas persoas que dispoñan de algún dos terminais da familia OnePlus 8, OnePlus 7T ou OnePlus 7 Pro terán acceso exclusivo a PUBG Mobile a 90 FPS até o próximo 6 de setembro, cando remata dita exclusividade.

Grazas a esta asociación entre OnePlus e PUBG Mobile, as usuarias da compañía serán as primeiras en poder experimentar o xogo a 90 FPS, o que ofrece especiais vantaxes nos desprazamentos, ao empregar o telescopio, correr e buscar outros xogadores na distancia.

A combinación hardware – software dos últimos dispositivos do fabricante chinés, como é o caso do OnePlus 8 Pro, que conta cunha taxa de refresco de 120 Hz, CPU Snapdragon 865, GPU Adreno 650 e o Modo Fnatic da súa capa software OxygenOS, permite ás usuarias de xogo unha experiencia superior, ao que hai que unir a posibilidade de carga do dispositivo sen quecementos grazas á tecnoloxía Warp Charge.

Sobre o autor

Reply