MediaTek e Intel únense para levar o 5G á próxima xeración de ordenadores

Non cabe dúbida de que cada vez tendemos máis a unha sociedade conectada e en movemento, algo que por sorte ou por desgraza puidemos comprobar durante a corentena da COVID-19, cando se apostou fortemente polo teletraballo e se viron as necesidades de conectividade.

O fabricante de procesadores e módems MediaTek, vén de anunciar avances na colaboración con Intel, principal fabricante de procesadores para ordenadores, co obxectivo de levar a experiencia 5G aos ordenadores da próxima xeración.

O módem 5G T700 de MediaTek, que se empregará para levar conectividade 5G aos computadores con tecnoloxía Intel, completou as chamadas independentes 5G SA en escenarios de proba no mundo real. Ademais, pola súa banda Intel progresou na integración do sistema, a validación e o desarrollo de optimizacións de plataforma para unha experiencia de usuario superior, e está preparando o soporte de co-enxeñaría para os seus socios OEM.

Este módem é compatíbel coas arquitecturas de rede Sub-6 5G independentes (SA) e non independentes (NSA), para ofrecer velocidades consistentemente máis rápidas e unha conectividade máis confiábel. Ben sexa estando na cas ou de viaxe, as usuarias poderán navegar, transmitir ou xogar a velocidades ultrarrápidas 5G.

Ademais, o novo módem de MediaTek é altamente eficiente en termos de enerxía para extender a vida útil das baterías nos portátiles, de maneira que as usuarias poderán usalas máis tempo entre cargas.

Está previsto que os primeiros ordenadores habilitados coa solución módem de MediaTek e Intel 5G cheguen a principios de 2021, seguramente coincidindo coa celebración do CES Las Vegas, que se celebra no mes de xaneiro.

Sobre o autor

Reply