Lowi ofrece fibra 300 Mbps e móbil con 20 GB por 39,95 €/mes

Lowi, a marca de baixo custe de Vodafone, vén de lanzar por vez primeira unha promoción converxente que inclúe fibra de 300 Mbps simétricos e unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 20 GB de datos acumulábeis por 39,95 €/mes.

Para aquelas persoas que non precisan tanta velocidade de conexión, Lowi mantén a oferta de 100 Mbps simétricos, tamén cunha liña móbil con chamadas ilimitadas e 20 GB, por 34,95 €/mes.

Ademais, escollendo calquera destas dúas opcións converxentes, a clientela de Lowi pode engardir liñas adicionais con 20 GB e chamadas sen límite por 9,95 €/mes.

Ambas tarifas son promocionais, e tanto novas como actuais clientas poden contratalas desde hoxe e até finais de setembro para poder disfrutalas de maneira indefinida.

Con estas tarifas, o portfolio actual de plans de Lowi queda do seguinte xeito.

Tarifas só móbil:

  • 4 GB con chamadas a 0 cént/min: 6,95 €/mes (págase o establecemento, a 18,15 cént/chamada).
  • 5 GB + ilimitadas: 9,95 €/mes.
  • 12 GB + ilimitadas: 14,95 €/mes.
  • 25 GB + ilimitadas: 19,95 €/mes.

Tarifas só fibra:

  • 100 Mbps simétricso: 29,95 €/mes (+ 70 € de instalación).

Tarifas converxentes:

  • 100 Mbps + móbil (20 GB + ilimitadas): 34,95 €/mes.
  • 300 Mbps + móbil (20 GB + ilimitadas): 39,95 €/mes.
  • 300 Mbps + móbil (25 GB + ilimitadas): 44,95 €/mes.

En toda as ofertas converxentes pódense adquirir liñas adicionais, por 3,95 €/mes (3 GB + chamadas a 0 cént/min con establecemento de 18,15 cént.) ou por 9,95 €/mes (con chamadas ilimitadas e 20 ou 25 GB, dependendo dos que teña a liña principal).

Sobre o autor

Reply