Vodafone anunciou onte a súa oferta de “volta ao cole” destinada a captar nova clientela no segmento converxente. Aínda que son múltiples as combinacións posíbeis, atentendo á cantidade – ou calidade – dos datos móbiles e á velocidade da fibra, a compañía destaca o paquete Vodafone One Ilimitada Maxi, que inclúe:
- 2 liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados (velocidade máxinma de navegación 10 Mbps).
- Fibra óptica simétrica de 600 Mbps.
- Televisión co Pack Serielovers, que inclúe os contidos de HBO España, Amazon Prime con Prime Video, as canles FOXNOW e AXN Now, ademais de todas as canles temáticas de series (FOX, TNT, AXN, Syfy, Calle 13…), e os contidos de entretemento (Cocina, Decasa, MTV, …), cine (TCM), documentais (National Geographic Now) e deportes (Eurosport 1). Completa o apartado de televisión a inclusión do decodificador de Vodafone TV, con calidade 4K e funcionalidades como “ver desde o comezo”, “últimos 7 días” ou gravación na nube de até 350 horas de contidos.
- SuperWiFi. Servizo que amplía a cobertura no fogar.
Esta oferta ten un prezo promocional para contratacións entre o 24 de agosto e o 30 de setembro de 34,99 €/mes durante 3 meses; a partir do cuarto custará 86,49 €/mes, e logo do ano a cota ascende a 116,49 €/mes.
Datos ilimitados en tarifas converxentes
Ademais, a partir do próximo 24 de agosto, Vodafone simplifica os plans converxentes, pasando de cinco a tres tarifas, incluíndo as tres datos ilimitados en móbil e velocidades desde os 300 Mbps en fibra. Todas elas levarán tamén unha Liña Mini, con 4 GB e 200 minutos, gratis durante un ano, ou un desconto equivalente de 10 €/mes se prefiren unha liña móbil de maior valor. No concreto, a oferta converxente de Vodafone quedará do seguinte xeito:
- Vodafone One Ilimitada: Unha liña móbil con chamadas e datos ilimitados a 2 Mbps, fibra óptica de 300 Mbps, 600 Mbps ou 1 Gbps e unha liña Mini (4 GB + 200 minutos) por 54,99 €/mes, 64,99 €/mes ou 74,99 €/mes, dependendo da velocidade da fibra.
- Vodafone One Ilimitada Maxi. Unha liña móbil con chamadas e datos ilimitados a 10 Mbps, fibra óptica de 300 Mbps, 600 Mbps ou 1 Gbps e unha liña Mini (4 GB + 200 minutos) e o TV co Pack Serielovers de balde durante un ano por 64,99 €/mes, 74,99 €/mes ou 84,99 €/mes, dependendo da velocidade da fibra.
- Vodafone One Ilimitada Total. Unha liña móbil con chamadas e datos ilimitados a máxima velocidade 5G, fibra óptica de 300 Mbps, 600 Mbps ou 1 Gbps e unha liña Mini (4 GB + 200 minutos) e o TV co Pack Serielovers de balde durante un ano por 74,99 €/mes, 84,99 €/mes ou 94,99 €/mes, dependendo da velocidade da fibra.
Tarifas só móbil
Vodafone tamén aproveita a volta ao cole para actualizar os prezos das súas tarifas de só móbil, reducindo o prezo da Vodagone Ilimitada Total, e simplificando a oferta a catro opcións:
- Vodafone Mini: 4 GB + 200 minutos por 19,99 €/mes.
- Vodafone Ilimitada. Chamadas e datos ilimitados a 2 Mbps por 32,99 €/mes.
- Vodafone Ilimitada Maxi. Chamadas e datos ilimitados a 10 Mbps por 36,99 €/mes (promoción de 6 meses por 21,99 €/mes).
- Vodafone Ilimitada Total. Chamadas e datos ilimitados a velocidade 5G e pack de TV Seriefans por un ano por 47,99 €/mes (promoción de 6 meses a 23,99 €/mes.
Aquelas persoas que contraten liñas adicionais, gozarán dun desconto do 50%, coas mesmas condicións que a liña principal.