Toda a información do novo Oppo A53 2020

Oppo vén de anunciar o lanzamento dunha nova versión dun vello coñecido, o Oppo A53, un modelo de hai cinco anos que agora chega renovado por dentro e por fóra, e engadindo o apelido “2020”.

O Oppo A53 2020 é un modelo que integra unha pantalla de 6,5 polgadas, con resolución HD+ e taxa de refresco de 90 Hz. No seu interior alberga un procesador sinxeliño, o Qualcoom Snapdragon 460, que vén acompañado de 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna. A súa batería é de 50000 mAh de capacidade, con carga rápida de 18W.

No apartado fotográfico, atopámonos cunha cámara traseira triple, formada por un sensor principal de 13 Mpx, e acompañado dun sensor macro de 2 Mpx e un para desenfoque de 2 Mpx. Da outra banda, na parte dianteira temos unha cámara cun sensor de 16 Mpx.

Malia ser un teléfono sinxelo, o fabricante non renunciou a incluír Bluetooth 5.0, NFC para poder pagar co móbil ou o sensor de pegadas dixitais, que neste caso sitúase no lateral do dispositivo. Así mesmo, tamén é digno de destacar a taxa de refresco da súa pantalla, cuxos 90 Hz non é habitual velos neste rango de prezos.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Oppo A53 2020 está dispoñíbel, polo de agora, en Indonesia, onde se pode adquirir en negro ou azul por uns 140 euros ao cambio.

Polo de agora o fabricante chinés non se pronunciou sobre a súa hipotética chegada a outros mercados, entre eles o noso, mais o certo é que sería unha opción interesante para a gama de entrada.

Sobre o autor

Reply