Nokia Media Streamer, un novo reprodutor multimedia con Android TV

Nokia vén de lanzar un reprodutor multimedia en forma de caixa que podemos conectar á nosa televisión para actualizala e conectala a Internet. Trtátase do Nokia Media Streamer.

Este aparello, que nos lembra tanto polo deseño como polas súas funcións ao Xiaomi Mi Box TV, permítenos acceder ás aplicacións e xogos dispoíbeis para Android TV, incluíndo por suposto todas as plataformas de streaming que contan con app. Conéctase a calquera televisión a través de cable HDMI, incluído no paquete de compra.

En canto ás súas especificacións técnicas, o trebello non destaca por ter un hardware moi potente, pois tampouco o necesita. Leva un procesador de catro núcleos – non se especifica cal – xunto con 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna non ampliábeis.

A conectividade, ademais do HDMI para unilo á nosa televisión, vén dada por WiFi de dobre banda, Bluetooth e infravermellos, e o sistema operativo é Android TV 9.0. Permite vídeo con calidade 1080p 10 bits e HDR, así como son Dolby Atmos, e incorpora un mando que permite o control remoto a través de comandos de voz.

Dispoñibilidade e prezo

O dispositivo ponse á venda o próximo día 28 a través da tenda Flipkart por unsuns 40 € ao cambio. Polo de agora descoñécese se tamén chegará a outros países de maneira oficial ou extraoficial.

Sobre o autor

Reply