Pepephone apúntase aos datos ilimitados

Logo de que Yoigo de maneira discreta, e Vodafone apostando fortemente por elas, o resto de operadoras fóronse sumando á moda de ofrecer tarifas con datos ilimitados dentro do seu portfolio. A última en facelo é Pepephone, unha das marcas de baixo custe que forma parte do conglomerado de Másmóvil.

A diferenza de outras compañías, Pepephone ofrece os datos móbiles ilimitados como complemento dunha das súas tarifas converxentes, a que leva fibra de 600 Mbps e 25 GB en móbil con chamadas ilimitadas. Así, estas persoas poden sumar datos ilimitados a cambio de 19,90 €, co que o prezo total do paquete queda nos 68,80 € mensuais.

Con este movemento, Pepehone completa o abando de alternativas para adaptarse ás novas necesidades, logo de que hai xa algún tempo engadise tamén a posibilidade de gardar os gigas non consumidos para o mes seguinte.

Os datos ilimitados no resto de operadoras

Tras a incorporación de Pepephone á moda das tarifas ilimitadas, o abano destas alternativas para usuarias que non queren ter límites de datos queda como segue.

  • Yoigo. Ofrece chamadas e datos ilimitados por 39 €/mes, promocionado a 32 €/mes durante 3 meses. Ademais, podemos contratar liñas adicionais coas mesmas características á metade de prezo, é dicir, a 19,50 €/mes.
  • Vodafone. Ofrece tres tarifas con chamadas e datos ilimitados, poñendo a diferenza na velocidade máxima de conexión. A tarifa sen límite de velocidade custa 47,99 €/mes (promoción 6 meses a 23,99 €/mes) e tamén inclúe televisión; con limitación de velocidade a 10 Mbps custa 36,99 €/mes (promoción 6 meses a 21,99 €/mes) e limitada a 2 Mbps ten un prezo de 32,99 €/mes.
  • Movistar. A oferta de Movistar custa 39,99 €/mes, promociada seis meses a 24,99 €/mes.
  • Orange. Orange ten dúas alternativas, unha con gigas ilimitados e vídeo HD por 35,95 €/mes (en promoción 6 meses a 17,98 €/mes) e outra con vídeo 4K por 47,95 €/mes (con promoción dun ano a 23,98 €/mes).
  • Virgin Telco. A nova marca de Telecable ofrece gigas ilimitados nas tarifas converxentes por 29 €/mes.
  • R. A operadora galega tamén inclúe gigas ilimitados, dentro das tarifas converxentes. En concreto, o plan que promociona para o seu lanzamento é o combo 500 ocio sen fin, que leva Internet de 500/50 Mbps, móbil con chamadas e datos ilimitados, TV ocio e liña fixa por 77 €/mes (3 meses a 19 €/mes).

Sobre o autor

Reply