Samsung pecha Cloud e recomenda o uso de OneDrive nos seus dispositivos

O fabricante surcoreano Samsung anunciou que o seu servizo de nube Samsung Cloud deixará de sincronizar os arquivos dos teléfonos da marca a partir de xuño de 2021, feito que xa comezou a notificar ás usuarias.

Este servizo, coñecido por todas as usuarias de terminais desta compañía, está (deberíamos dicir, estaba) pensado para ofrecer a sincronización de configuracións varias, contactos, e a galería as imaxes tomadas co teléfono. Ademais, esta información será eliminada dos servidores de Samsung ao pasar esa data, polo que é algo que deben ter en conta todas as persoas queo empreguen.

Como alternativa, e en liña co acordo subscrito hai xa algún temo entre Samsung e Microsoft, o fabricante recomenda o uso de OneDrive, que ofrece 5 GB de balde e tres opcións de pago:

  • 100 GB por 2 €/mes.
  • 1 TB por 69 €/ano (ou 7 €/mes) que tamén inclúe as aplicacións de Microsoft Office.
  • 6 TB (1 TB por persoa) por 99 €/ano (ou 10 €/mes), plan familiar composto de 6 licenzas coas aplicacións de Microsoft incluídas.

Para facilitar o traballo ás usuarias, veñen de lanzar unha aplicación web para trasladar o que se teña na nube dun servizo a outro, páxina que aínda que está accesíbel neste enlace, non será de todo funcional até o próximo 5 de outubro.

Sobre o autor

Reply