TCL anuncia as tabñets TCL 10 TAB MAX e TCL 10 TAB MID

Nun IFA descafeinado e marcado pola COVID-10, o fabricante TCL vén de anunciar dúas novas tablets, as TCL 10 TAB MAX e TCL 10 TAB MID, dispositivos que destacan por incluír pantallas con tecnoloxía NXTPAPER, deseñadas para reducir a fatiga visual.

Especificacións

Na seguinte táboa pódense ver as súas especificacións técnicas:

TCL 10 TAB MAXTCL 10 TAB MID
Dimensións e peso247.8 x 157.56 x 7.65mm209.4 x 125.2 x 8.55mm
325 g
Pantalla10.36”
Full HD
IPS
NXTPAPER
8″
FHD
IPS LCD
ProcesadorOcta-Core 2.0 GHzQualcomm Snapdragon 665
Almacenaxe interna64 GB ampliábeis mediante tarxetas microSD64 GB ampliábeis mediante tarxetas microSD
Memoria RAM4 GB4 GB
Batería8.000mAh
18W
5.500mAh
18W
Cámara dianteira8 MP5 MP
Cámara traseira13 MP8 MP
Versión AndroidAndroid 10Android 10
PrezoDesde 249 euros229 euros

Como dicíamos ao comezo do artigo, TCL puxo especial interese en ofrecer unha tecnoloxía destinada a reducir a fatiga visual. Segundo apuntan, estas pantallas teñen un 25% máis de contraste que unha pantalla de tinta electrónica (as habituais nos ebooks), e un 65% que unha panel LCD estándar.

O modelo MID é máis sinxelo, tanto pola súa pantalla de menor tamaño (8 polgadas fronte as 10 do modelo MAX), como tamén pola ausencia da citada tecnoloxía.

Dispoñibilidade e prezo

Ambas tablets resultan bastante económicas, e estarán dispoñíbeis durante o último trimestre de 2020 en Europa.

A TCL 10 TAB MAX poderase adquirir con tecnoloxía WiFi por 249 euros, ou en versión 4G por 299 euros, mentres que a TCL 10 TAB MID terá unha única versión WiFi de 229 euros.

Sobre o autor

Reply