A operadora Orange vén de presentar unha nova tarifa converxente destinada a reducir a fenda dixital dirixida a persoas e familias en situación de vulnerabilidade. Trátase da nova Tarifa Social.
Esta tarifa ofrece unha conexión de fibra de 100 Mbps (no caso de que non haxa cobertura de fibra sería unha conexión ADSL), xunto con teléfono fixo (con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles) e unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 3 GB de datos por 14,95 €/mes.
Para poder acceder a este plan, a persoa titular debe ser beneficiaria do Ingreso Mínimo Vital, e ademais estár empadroada no domicilio onde se levará a cabo a instalación do servizo fixo de fibra/ADSL e teléfono.
A nova Tarifa Social de Orange poderase solicitar chamando gratis ao 900 909 228 durante o mes de outubro, aínda que desde o operador aseguran que volverán comercializar esta tarifa a comezos de 2021.