Telefónica, o Real Club Deportivo, Cinfo e Ericsson dotan o Abanca-Riazor de cobertura 5G no maior piloto europeo nun estadio

O Estadio Abanca – Riazor, sede do Real Club Deportivo da Coruña, converterase no estadio máis completo de Europa en canto a cobertura e casos de uso das redes 5G, como parte do proxecto Galicia 5G subvencionado por Red.es.

Como principal funcionalidade habilitarase a retransmisión en directo de eventos deportivos con realización automática baseada en Edge Computing e Intelixencia Artificial (IA), dispondo ademais de servizos adicionais como a KissCam, mapas de calor mediante realidade aumentada e TV multicámara.

Para levalo a cabo, Telefónica realizou a instalación dunha rede de cobertura 5G, tanto na banda de 3.5 GHz como en frecuencias milimétricas, asegurando níveis de ancho de banda de varios gigabits por segundo e latencias ultrabaixas, dúas características esenciais para poder retransmitir de forma fluída múltiples fluxos de vídeo en ultra-alta definición, así como realizar o control robotizado das cámaras e análise de vídeo en tempo real.

A maiores, Telefónica despregou un centro de Edge Computing na Coruña, para aloxar a solución tiivii de Cinfo para a retransmisión e realización automática de TV, que grazas aos seus algoritmos de intelixencia artificial é capaz de realizar en tempo real a análise de xogo, etiquetar as axogadas e orientar e conmutar as cámaras para xerar un sinal realizado apto para un directo de TV. E todo iso desde a nube de baixa latencia que proporciona o Edge Computing e a rede 5G.

Cinfo, pola súa banda, é tamén a empres responsábel dos casos de uso adicionais orientados a aumentar a participación das espectadoras no estadio, como son os servizos de KissCam e os mapas de calor.

Para realizar todo este despregamento utilizouse tecnoloxía de Ericsson, incluíndo unha das primeiras unidades de radio milimétricas do mundo en banda europea de 26 GHz, así como radio de 3.5 GHz e núcleos de rede tanto en tecnoloxías NSA (Non Stand Alone) como SA (Stand Alone).

Pola súa banda, Vodafone tamén participou para poder usar puntualmente o espectro de ambas operadoras de forma conxunta na banda de 3.5 GHz, nunha serie de tests encamiñados a averiguar o máximo potencial posíbel nesta banda de frecuencia, como paso previo á utilización de milimétricas.

Sobre o autor

Reply