Vodafone fai ilimitadas todas as súas tarifas de contrato

A operadora Vodafone anunciou esta semana que incluirá voz e datos ilimitados para a toda a súa clientela de servizo móbil de contrato, e ademais que actualizará a fibra a velocidade de 300 Mbps á clientela que dispoña de velocidades inferiores, o que na práctica supón multiplicar por 3 a velocidade de acceso para a meirande parte dos fogares e negocios.

A raíz do incremento no consumo de datos detectado no confinamento, con picos de máis do 50% debido ao teletraballo, educación a distancia e aumento do ocio, así como tamén polo crecemento no número de dispositivos coenctados á rede nos fogares, Vodafone aposta por anticiparse e pretende asegurara que todas as usuarias conten coa maior capacidade de datos móbiles e maior velocidade de Internet fixo.

Na práctica, estas melloras supoñen tamén un incremento no prezo das liñas móbiles, de entre 1,5 e 3 euros ao mes por liña, dependendo do servizo, e se aplicarán a partir do próximo 15 de novembro.

Así, as tarifas Mini e Extra, con 4 e 8 GB respectivamente, pasarán a contar con datos ilimitados a velocidade reducida de 2 Mbps, mentres que aquelas clientas que dispoñan das tarifas Ilimitada e Ilimitada Súper deixarán de ter o límite nos 2 e 10 Mbps respectivamente, pasando a contar con velocidade máxima 5G.

No seguinte cadro podemos ver como quedan as tarifas Mini e Extra, e as súas opcións converxentes.

Tarifas actuaisNovas tarifas (desde 15 de novembro)
Vodafone One Mini200 minutos
4 GB a máxima velocidade
Fibra a 100 Mbps
47,99 euros al mes
200 minutos
Datos ilimitados a 2 Mbps
Fibra a 300 Mbps
50,99 euros al mes
Vodafone One ExtraMinutos ilimitados
8 GB a máxima velocidade
Fibra a 100 Mbps
57,99 euros al mes
Minutos ilimitados
Datos ilimitados a 2 Mbps
Fibra a 300 Mbps
60,99 euros al mes
Línea adicional Mini200 minutos
4 GB a máxima velocidade
10 euros al mes
200 minutos
Datos ilimitados a 2 Mbps
11,50 euros al mes
Linea adicional ExtraMinutos ilimitados
8 GB a máxima velocidade
15 euros al mes
Minutos ilimitados
Datos ilimitados a 2 Mbps
16,50 euros al mes

A partir do 1 de outubro, coa chegada das das novas facturas, Vodafone irá informando á clientela destes cambios. Aquelas persoas que non queiran asumilos, poderán cambiarse a outra compañía sen penalización ou optar polas tarifas Vodafone Yu, que manteñen un volume de datos de 15 ou 25 GB, iso si, a máxima velocidade.

Sobre o autor

Reply