A operadora móbil virtual Fi Network é unha das que nos últimos tempos está a acaparar moita atención, grazas a unha potente campaña de promoción, ademais dos seus prezos moi axustados e contar con cobertura Vodafone.
Se ben xa era coñecida por ter un dos prezos por giga máis baixos de todo o panorama móbil do Estado, agora vén de mellorar esa aposta con novidades que incrementan a capacidade de datos en tres dos seus plans con chamadas ilimitadas, e que se fará oficial a partir do luns 28 de setembro.
En concreto, a tarifa con 7 GB + ilimitadas pasa a ter 10 GB + ilimitadas polos mesmos 9,90 €/mes, mentres que a proposta con 10 GB + ilimitadas sube até os 12 GB + ilimitadas sen cambiar de prezo: 10,90 €/mes. Por último, a tarifa de 20 GB + ilimitadas por 14,90 €/mes pasa a ter 23 GB + ilimitadas polo mesmo prezo.
O movemento prodúcese logo de que operadores de baixo custe como Lowi, Pepephone ou Amena tiveran feito axustes nas súas tarifas, mellorando a franquía de datos que ofrece.
Cando se produzan estes cambios, a oferta de Fi Network queda como segue:
Bono de minutos | Internet | Cota mensual |
---|---|---|
100 | Sen datos | 3,90€ |
300 | 5GB | 7,90€ |
Ilimitadas | Sen datos | 6,90€ |
Ilimitadas | 10GB | 9,90€ |
Ilimitadas | 12GB | 10,90€ |
Ilimitadas | 23GB | 14,90€ |
Ilimitadas | 30GB | 19,90€ |