O novo OnePlus 8T duplica a súa tecnoloxía de carga con Warp Charge 65

O fabricante chinés OnePlus vén de confirmar que o seu próximo terminal insignia, o OnePlus 8T, incorporará a nova tecnoloxía de carga rápida desenvolta pola compañía, Warp Charge 65.

Esta nova solución, que permite máis do dobre da velocidade de carga do seu predecesor, permite cargar ao completo a batería de 4.500 mAh de capacidade en 39 minutos, e case o 58% da mesma en 15 minutos.

A nova configuración de batería dobre que incorpora Warp Charge 65 é a que permite ao OnePlus 8T un proceso de carga o dobre de rápido ca co Warp Charge 30T. Deste modo, ambas baterías poden cargarse a máis de 30W de maneira simultánea, sen quecerse mesmo cando se está a empregar o dispositivo.

O adaptador decorrente do OnePlus Warp Charge 65 tamén está deseñado para ofrecer unha alta compatibilidade con outros dispositivos, xa que conta con porto USC-C en ambos extremos e compatibilidade retroactiva con todos os protocolos de carga anteriores de OnePlus. Ademais, admite carga de até 45W PD, o que proporciona ás usaurias a capacidade de cargar múltiples dipositivos, como ordenadores e tablets.

A compañía informa que tamén engadiu ao cargador e ao cable un chip de encriptación adicional, así como 12 sensores de temperatura no teléfono para permitir que os dispositivos OnePlus poidan ser cargados de maneira intelixente e eficiente en diferentes situacións.

O novo OnePlus 8T, que estreará esta nova carga, presentarase o vindeiro 14 de outubro.

Sobre o autor

Reply