Remata o tempo de graza e Google Meet volve limitar as chamadas para usuarios gratuítos

[Actualización] Google anunciou na tarde de onte que amplía o período gratuíto completo até o próximo 31/03/2021.

O pasado mes de maio, en pleno confinamento, e co auxe do teletraballo e as aulas a distancia, Google sumouse ao senfín de compañías que quixeron aportar o seu graíño de area pondo a tecnoloxía gratuitamente a disposición das usuarias de todo o Estado español.

En concreto, Google abriu algunhas das funcións premium da súa aplicación de reunións Google Meet a todas as usuarias, de maneira que se eliminou temporalmente o límite máximo de 60 minutos por videochamada. Esta función estaba dispoñíbel unicamente no entorno empresarial e tamén no educativo.

O anuncio no seu día tamén puña data final a este período de graza, concretamente o 30 de setembro, polo que a partir de mañá deixará de estar dispoñíbel para todas e quedará, de novo, limitado ao ámbito empresarial e educativo.

Así que aquelas persoas que queiran disfrutar desta función premium terán que adquirir algunha das licenzas premium, ou ben colgar e volver iniciar unha nova chamada.

Sobre o autor

Reply