Novo Google Pixel 5: toda a información

Google fixo oficial ao fin esta semanao seu novo terminal de referencia, o Google Pixel 5, un dispositivo amplamente esperado por aquelas usuarias que prefiren a experiencia “pure Google” nos seus dispositivos. Aínda que ao longo dos últimos meses foron relevándose algunhas das súas prestacións, tanto de maneira oficial como por filtracións, o seu anuncio permítenos coñecer as súas características finais.

O Google Pixel 5 aposta por un panel AMOLED de 6 polgadas, con relación de aspecto 20:9 e resolución 2400 x 1080 píxeles. Tamén vén con taxa de refresco de 90 Hz, unha característica á que cada vez dan máis importancia as usuarias, especialmente aquelas que empregan os seus dispositivos para xogar.

No interior do trebello atopámonos co procesador Qualcomm Snapdragon 765G, o modelo que están a implementar a meirande parte dos modelos de gama media premium que inclúen 5G entre as súas especificacións. Xunto a el, 8 GB de memoria RAM e 128 GB de almacenaxe interna.

O apartado fotográfico volve ser un nos que Google aposta forte, aínda que non sexa instalando “ducias” de cámaras. De feito, só inclúe un sensor principal de 12,2 Mpx, xunto cun gran angular de 16 Mpx. Do outro lado, na cámara frontal temos un sensor de 8 Mpx.

A súa batería é de 4080 mAh, con carga rápida de 18W e tamén capacidades de carga sen fíos e reversíbel. Dispón de protección IP68 para auga e pó, e todo tipo de conectividades, incluíndo 5G, Bluetooth 4, WiFi de dobre banda e NFC.

En canto a software, como todos os dispositivos de Google, chega coa versión pura de software, sen aditivos máis aló das aplicacións de Google. Tamén nos atopamos características que primeiramente vanse disfrutar neste modelo, e quen sabe se máis adiante en calquera dispositivo. Delas, unha da máis interesante é o uso de Google Assistant para manterse ao teléfono mentres estamos agardando que nos atendan, por exemplo nun servizo de atención ao cliente: o asistente encargarase de avisarnos cando -por fin – teñamos a unha persoa do outro lado.

Dispoñibilidade e prezo

Polo de agora non se confirmou a data de lanzamento no noso país, mais o prezo deuse a coñecer para Europa, e será de 629 euros, unha cantidade quizais algo elevada dentro dese segmento.

Sobre o autor

Reply