Google lanza un novo Chromecast con Google TV e un novo altofalante Nest Audio

Google vén de lanzar a nova versión do Chromecast, un dos dispositivos máis útiles e vendidos da compañía do gran G. Ademais, trátase do primeiro Chromecast que inclúe mando a distancia, Android TV e soporte para a nova plataforma Google TV.

O dispositivo conta cun deseño semellante á última versión, e no seu interior dispón dun procesador Amlogic S905X3 de catro núcleos a 1,9 GHz, xunto con 2 GB de RAM e 8 GB de memoria interna. Ten unha resolución de saída 4K 60 Hz e conectividades Bluetooth 4.3, Dolby Audio e DTS Surround Sound, WiFi de dobre banda, HDMI e porto USB-C.

Tamén conta con Google Assistant e mando a distancia que permite o seu por comandos de voz, xa que a gran diferenza cos modelos anteriores é precisamente a integración de Google TV. O mando dispón dunha cruceta superior para moverse polos menús, e botóns de acceso directo: volver, comandos de voz, inicio, silenciar, Netflix, YouTube, acendido e cambio de entrada de vídeo.

Unha vez en marcha, temos unha interface moito máis amigábel, que nos permite navegar por todo tipo de contidos, integrando o que teñemos nas nosas aplicacións de pago, como poden ser Netflix a Amazon Prime Video.

O novo Chromecast estará dispoñíbel a partir do 15 de outubro, e se poderá mercar en tres cores (branco, rosa e azul) por 69,99 euros. Se así o desexamos, podemos facer a reserva a través da tenda en liña de Google.

Nest Audio

Por outra banda, Google tamén presentou Nest Audio, que vén a ser o sucesor do Google Home orixinal.

Trátase dun altofalante intelixente que dispón dun tweeter integrado de 19 mm e un altofalante de graves medios de 75 mm. Tamén dispón de tres altofalantes de longo alcance, que nos permiten enviarlle ordes desde diferentes puntos da casa.

A conectividade vén dada por WiFi 802.11 b/g/n/ac de dobre banda, e Bloototh 5.0. Tamén ten a posibilidade de emparellar varios para ter un son estéreo, e dispón de Chromecast integrado. Ademais, catro LEDs indícannos cando nos está escoitando ou como evoluciona o cambio de volume no momento en que se está a facer.

Este novo Nest Audio chega ao mercado español por 99,99 euros en outubro, estando dispoñíbel en negro ou gris.

Sobre o autor

Reply