MásMóvil actualiza as tarifas converxentes con máis gigas de navegación

Coa “volta ao cole” foron varias as operadoras que aproveitaron para actualizar as súas tarifas, tanto os produtos “only mobile” como aqueles converxentes, que aúnan nunha mesma factura servizos de fixo e móbil.

Tras darlle unha volta ao seu portfolio de tarifas móbiles, a operadora MásMóvil vén de actualizar o abano de opcións converxentes, ofrecendo un maior volume de datos polo mesmo prezo, algo que aplican tanto á nova clientela como á actual (iso si, pedindo o cambio).

Tras o cambio, a oferta queda do seguinte xeito:

  • Fibra 100 Mbps + móbil 20 GB por 39,90 €/mes.
  • Fibra 100 Mbps + móbil 25 GB por 44,90 €/mes (3 meses a 39,90 €/mes).
  • Fibra 600 Mbps + móbil 20 GB por 49,90 €/mes (3 meses a 39,90 €/mes).
  • Fibra 600 Mbps + móbil 25 GB por 54,90 €/mes (3 meses a 39,90 €/mes).

Todos os produtos inclúen liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos para chamar a móbiles, e a liña móbil incluída tamén leva chamadas ilimitadas a destinos estatais.

Para quen precise outra liña móbil, MásMóvil tamén inclúe gratuitamente unha segunda liña con chamadas ilimitadas e 3 GB de datos, un produto suficiente para aquelas usuarias menos activas da casa. En calquera caso, a compañía tamén permite contratar liñas adicionais con desconto, podendo elixir entre os seguintes produtos:

  • 5 GB + ilimitadas por 3 €/mes.
  • 8 GB + ilimitadas por 5 €/mes.
  • 20 GB + ilimitadas por 8 €/mes.
  • 25 GB + ilimitadas por 10 €/mes.

Quen teña que chamar a destinos internacionais ten dispoñíbel o bono de 100 minutos internacionais por 5 €/mes (inclúe chamadas a Alemania, Austria, Bélxica, Dinamarca, Italia, Holanda, Suecia, Finlandia, Noruega, China, Francia, Estados Unido, Reino Unido e Suíza (neste último caso, só a fixos)), e quen prefira usar o fixo ao móbil pode contratar o bono de chamadas ilimitadas fixo-móbil por 3 €/mes.

Sobre o autor

Reply