Samsung A42 5G, o terminal 5G máis económico da firma surcoreana

Samsung vén de anunciar en Europa o lanzamento do Galaxy A42 5G, un dispositivo que foi preanunciado durante a celebración da pasada IFA e que agora se prepara para chegar ás tendas do vello continente, incluídas as do noso país.

Trátase dun terminal enmarcado dentro da gama media do fabricante surcoreano, pero que ten como principal elemento a destacar a súa conectividade 5G, permitindo ás usuarias conectarse ás redes máis actuais que pouco a pouco están a acender as operadoras no noso país.

O novo Samsung Galaxy A42 5G está equipado cunha pantalla AMOLED Full HD+ de 6,6 polgadas. No seu interior incorpora un procesador Qualcomm Snapdragon 750G, xunto con 4 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna ampliábeis

A cámara principal, cuádruple, está formada por un sensor de 48 Mpx con f/1.8 acompañado por un gran angular de 8 Mpx con f/2.2, un sensor macro de 5 Mpx con f/2.4 e un sensor de profundidade de 5 Mpx con f/2.4. Na parte dianteira, pola contra, temos un sensor de 20 Mpx con f/2.2

Dispón de lector de pegadas dixitais baixo a pantalla, así como conector USB-C, varios sistemas de ubicación (GPS, AGPS, GLONASS), WiFi e 5G. A súa batería é de 5.000 mAh, con carga rápida de 15 W.

Dispoñibilidade e prezo

Aínda que a filial española da compañía non ofreceu datas para a súa comercialización no noso país, no Reino Unido e Alemania xa está confirmada a súa posta á venda para o próximo 6 de novembro, por un prezo de 349 libras ou 369 euros, respectivamente.

Sobre o autor

Reply