O Grupo Euskaltel vén de asinar un acordo con Orange que permitirá ás marcas do grupo ofrecer aos seus clientes a tecnoloxía móbil 5G como Operadora Móbil Virtual aloxado na rede de Orange.
Será a partir do 1 de xaneiro de 2022, aínda que nun comunicado informan que se poderá negociar o adiantamento desta data no momento en que Orange lance o servizo 5G de maneira comercial masiva.
O acordo en cuestión supón un novo paso e avance nos acordos asinados entre Orange e o Grupo Euskaltel o pasado 13 de decembro de 2019, cando se informou da renovación dos acordos grosistas, tanto para a rede fixa como para a rede móbil.
Deste modo, as marcas R, Euskaltel, Telecable e Virgin Telco terán acceso aos servizos móbiles máis avanzados, asegurándose dispór da capacidade necesaria para poder dar resposta a todas as necesidades de servizos de datos móbiles que xuran no futuro.
O acordo estará vixente até xuño de 2024.