A través da rede social chinesa Weibo, o fabricante Xiaomi anunciou onte o seu novo top box, o Xiaomi Mi Box 4S. Trátase dun dispositivo Android TV que destaca – ademais de polo seu baixo prezo – por chegar con WiFi de dobre banda e soporte para reproducións en 4K.
Na súa folla de características destaca unha combinación de memorias de 8 GB de interna e 2 GB de RAM, ademais da xa citada WiFi de dobre banda (2,4 e 5 GHz ou o porto HDMI 2.0. Tamén permite reproducir contidos 4K a 60 fps, compatibilidade con vídeo HDR e o control remoto a través da voz.
Dispoñibilidade e prezo
Xiaomi abre hoxe a prevenda no seu país natal por uns 40 euros ao cambio, un prezo que será semellante se chega ao noso país, que entendemos que o fará, xa que a marca está a apostar fortemente pola presenza en todo o estado español, tanto a través de tendas propias como nos distribuidores de electrónica habituais.