O realme 7 xa está dispoñíbel no noso país

A marca realme, unha das que maiores cotas de crecemento está a acadar no último ano, continúa a súa expansión no noso país, e vén de anunciar a chegada ás tendas do novo realme 7.

Este novo modelo é un terminal de gama media, e conta cun procesador MediaTek Helio G95, moi orientado ao mundo gaming. Isto fai que, sexamos ou non persoas que gozan cos xogos no smartphone, poidamos acceder a un dispositivo con moi boa potencia e rendemento.

En canto á fotografía, leva unha cámara traseira cuádruple con intelixencia artificial (IA) para a optimización de escenas, sendo a principal de 48 megapíxeles. Do outro lado, na parte dianteira temos unha cámara de 16 megapíxeles.

A súa pantalla, de 6,5 polgadas, ten unha frecuencia de 90 Hz e un ratio de 90,5%; e a súa batería sitúase nos 5.000 mAh de capacidade con carga rápida de 30 W Dart Charge, coa que consegue cargar o 50% da abtería en apenas 26 minutos.

Concurso en Instagram

realme e a escola de fotografía Efti, levarán a cabo un concurso en Instagram no que convidarán ás usuarias a amosar o seu rincón favorito da súa vila ou cidade, escolléndose as 7 imaxes máis destacadas. Os premios repartiranse do seguinte xeito:

  1. Primeiro premio: curso de fotoxornalismo e un realme 7 Pro.
  2. Segundo e terceiro premio: curso de fotografía móbil e un realme 7 Pro.
  3. Cuarto, quinto, sexto e sétimo premio: curso de fotografía móbil.

Para participar, as usuarias deberán compartir en Instagram a súa fotografía realizada co seu smartphone co hashtag #Los7Lugaresderealme, e etiquetar a @escuelaefti e @realmeespana.

Dispoñibilidade e prezo

O novo realme 7 estará dispoñíbel en dúas cores, branco e azul, e tres versións:

  • 4 GB + 64 GB: 179 euros
  • 6 GB + 64 GB: 199 euros
  • 8 GB + 128 GB: 249 euros

Sobre o autor

Reply