Toda a información dos novos Huawei Mate 40, Mate 40 Pro e Mate 40 Pro Plus

Huawei anunciou onte o lanzamento dos seus novos modelos de referencia, incluídos na serie Mate 40. Son os Huawei Mate 40, Mate 40 Pro e Mate 40 Pro Plus, tres dispositivos nos que a mara chinesa aposta por ofrecer ás usuarias unha experiencia superior en canto á potencia e fotografía, aínda que só un deles, o Mate 40 Pro, chegará de primeiras ao noso mercado. Por iso imos falar primeiro del.

Huawei Mate 40 Pro

O Huawei Mate 40 Pro aspira a ser un modelo de referencia dentro da gama alta, combinando un deseño atractivo cunhas especificacións á altura do que se agarda dun trebello destas características. Chega, como os modelos máis recentes de Huawei, sen as aplicacións e servizos de Google polo veto estadounidense, algo que a compañía substitúe coa App Gallery.

A pantalla é un panel AMOLED curvado de 6,76 polgadas, que incorpora o lector de pegadas dixitais sobre a mesma e ten unha perforación para integrar as dúas cámaras frontais.

No seu interior temos un procesador de fabricación propia, o Huawei Kirin 9000, con GPU Mali G-78 de 24 núcleos, conectividade WiFi 6 e 5G, NFC, e múltiples sistemas de posicionamento.

No apartado fotográfico, no que Huawei madurou nos últimos anos até converterse nunha das mellores opcións para as usuarias máis exixentes, atopámonos cun vistoso módulo traseiro con disposición circular, no que temos a cámara principal formada por tres sensores:

  • Principal: supersensing de 50 Mpx.
  • Ultra gran angular: cinematográfico de 20 Mpx.
  • Telefoto: de 5 aumentos

Como xa avanzamos antes, a cámara dianteira vai incrustada na pantalla perforada, e está formada por dous sensores:

  • Principal: de 13 Mpx.
  • Ultra gran angular: de 20 Mpx con 100 graos e lente con corrección de distorsión.

A maiores tamén temos altofalantes estéreo con son frontal , unha batería de 4.400 mAh de capacidade con carga rápida de 66 W por cable e de 50 W de maneira inarámica

Chegará ao mercado español por 1.199 euros en dúas cores, negro e gris – plateado.

Huawei Mate 40 e Mate 40 Pro Plus

Os outros dous modelos da serie Mate 40 dados a coñecer onte, pero que en principio non chegarán ao noso mercado (ou non o farán agora): son o Mate 40 e Mate 40 Pro Plus.

O Huawei Mate 40 leva unha pantalla OLED de 6,5 polgadas (Full HD+ 2376 x 1080 píxeles) con lector de pegadas dixitais, procesador Kirin 9000 E, 8 GB de RAM e 256 GB de almacenaxe interna.

A cámara principal leva tres sensores (supersensing de 50 Mpx, utlra gran angular de 16 Mpx e telefono de 8 Mpx), mentres que a frontal dispón dun só, de 13 Mpx.

A batería é de 4.200 mAh de capacidade, con carga rápida de 46 W. e comparte co modelo “maior” conectividade 5G e WiFi 6

Pola súa banda, o Huawei Mate 40 Pro Plus leva as posibilidades do Mate 40 Pro un paso máis aló. A súa pantalla, AMOLED de 6,76 polgadas, ten resolución QHD+. Dentro leva o Kirin 9000, xunto con 12 GB de RAM e 256 GB de memoria interna.

As posibilidades da cámara principal multiplícanse ao incluír unha cámara principal con cinco sensores: principal supersensing de 50 Mpx, ultra gran angular de cine de 20 Mpx, telefono de 12 Mpx con zoom óptico de5 aumentos, sensor ToF e periscopio de 8Mpx de 10 aumentos.

O Mate 40 chegará en cinco cores (branco, negro, amarelo, prata e verde) por 899 euros, mentres que o Mate 40 Pro Plus faráo en negro, branco, e prata, ademais de dúas variantes de coiro vegán en amarelo e verde), e custará 1399 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply