Samsung vén de lanzar unha actualización da súa aplicación “Find my Mobile” (“Atopa o meu teléfono”), a súa aplicación que permite recuperar un teléfono perdido ou roubado.
Nesta nova versión, Samsung permite ás usuarias atopar ese teléfono desaparecido mesmo cando este non ten conexión. Trátase dunha funcionalidade que até o de agora estaba dispoñíbel nos Estados Unidos, pero que agora vén de ser liberada noutros países, incluídos o noso.

Para poder empregar esta ferramenta debemos ter instalada a aplicación Find My Mobile, dispoñíbel na Galaxy Store, e se xa a temos, asegurármonos de tela actualizada á ultima versión. Feito isto, nos axustes do teléfono debemos buscar o apartado “Buscar o meu móbil”, e activar a opción “Busca sen conexión”.
Se temos isto activo, xa poderemos buscar o noso terminal a través da páxina habilitada na nosa conta de Samsung, mesmo sen conexión a Internet. Isto é posíbel porque o noso smartphone conectarase con outros dispositivos Galaxy próximos para averiguar a posición, transmitíndoa á nube a través das conexións de outros teléfonos.
Se ben non é a ferramenta máis precisa, pois depende do ecosistema de dispositivos Galaxy que poida haber na proximidade de onde se atope o noso smartphone desaparecido, é outra opción a maiores para cando precisemos