Lowi despide o 2020 con melloras nas tarifas móbiles e converxentes

Lowi vén de anunciar novidades nas súas tarifas destinadas a competir mellor nun mercado cada vez máis cambiante e cunhas usuarias que demandan maiores cantidades de datos.

Estes cambios, que se aplican tanto á actual como á nova clientela, supoñen incrementos que nalgúns casos chegan até os 8 GB nas tarifas de móbil ou de 10 GB nas converxentes, cambios que se fan de maneira automática, sen que as usuarias teñan que facer nada.

Así, as tarifas móbiles de Lowi quedan como segue:

  • 4 GB + chamadas a 0 cént/min: 6 €/mes (non cambia)
  • 10 GB + ilimitadas por 9,95 €/mes (+ 5GB)
  • 20 GB + ilimitadas por 14,95 €/mes (+ 8 GB)
  • 30 GB + ilimitadas por 19,95 €/mes (+ 5 GB)

De igual modo, as tarifas converxentes actualízanse quedando do seguinte xeito:

  • Fibra 100 Mbps + móbil (15 GB + ilimitadas) por 34,95 €7mes (supón unha rebaixa de 2 €/mes con respecto á oferta anterior, e ademais incrementa en 10 GB os datos).
  • Fibra 300 Mbps + móbil (25 GB + ilimitadas) por 39,95 €/mes (supón unha rebaixa de 10 €/mes sobre a tarifa equivalente anterior).

Con estes cambios, Lowi continúa a ser unha das opcións máis económicas para disfrutar de Internet e conectividade no fogar, contando ademais co respaldo e Vodafone como operador matriz.

Sobre o autor

Reply