Orange amplía o seu portfolio de ofertas “só fibra” cunha nova proposta coa que ofrece unha conexión simétrica de fibra de 600 Mbps e fixo con chamadas ilimitadas a fixos e 1000 minutos a móbiles por 40,90 €/mes como prezo definitivo, o que supón un aforro de máis de 15 €/mes coa anterior oferta da compañía, sen considerar as promocións.
Ademais, a compañía ofrece no lanzamento a promoción “try & pay”, grazas á cal as usuaruias poderán disfrutar de 6 meses deses 600 Mbps simétricos a prezo de 100 Mbps: 30,95 €/mes.
Esta proposta comercial de Orang, que non é compatíbel con Orange TV, está dispoñíbel tamén en ADSL e zonas de fibra indirecta (VULA) segundo a cobertura da clientela.
Deste modo, o abano de oferta “só fibra” con fixo de Orange queda do seguinte xeito:
- Fibra simétrica 100 Mbps + chamadas: 30,95 €/mes.
- Fibra simétrica 600 Mbps + chamadas: 40,95 €/mes (en promoción 6 meses a 30,95 €/mes).