Samsung anuncia a dispoñibilidade da Galaxy Fit2, a súa nova pulseira de actividade

Samsung anunciou a finais da semana pasada a chegada ao noso país da nova Galaxy Fit2, a última xeración da pulseira de actividade de Samsung. Está deseñada para monitorizar o exercicio físico que facemos e poder así levar un estilo de vida saudábel, aínda que tamén inclúe recomendacións sanitarias, como a de lavado de mans, moi útil neste período de pandemia da COVID-19.

A súa batería ofrece ás usuarias unha autonomía que vai desde os 15 até os 21 días, dependendo do nível de actividade que se realice, polo que a única preocupación será elixir que deporte realizar.

A Fit2 é capazde monitorizar o noso sono de maneira exhaustiva, proporcionando consellos sobre como melloralo a través da aplicación Samsung Gelth. Así mesmo, é capaz de rastrexar automaticamente cinco tipos diferentes de actividade, ofrecendo información sobre o estado físico, as calorías queimadas, a frecuencia cardíaca e a distancia percorrida, entre outros. Pero máis aló desas 5 actividades concretas, admite o rastrexo manual de máis de 90 tipos de exercicios diferente.

O aspecto non muda moito con respecto á súa predecesora. Ten un deseño delgado e lixeiro, cun grosor de 11,1 mm, e admite máis de 70 esferas personalizadas a elixir. A súa correa posúe unha hendidura que evita que se acumule a suor ao levar a cabo os diferentes adestramentos, xa que é somerxíbel até 50 metros, contando ademais con certificación de 5 ATM, que garante a súa exposición a diferentes tipos de resistencias baixo a auga.

A súa pantalla é un panel AMOLED de 1,1 polgadas (resolución 126 x 294 píxeles), e no seu interior leva 2 MB de memoria RAM e 32 MB de memoria interna. Funciona co sistema operativo FreeRTOS, leva Bluetooth 5.1 e sensores variados, como acelerómetro, xiroscopio ou sensor óptico de frecuencia cardíaca, entre outros.

Dispoñibilidade e prezo

A nova Samsung Galaxy Fit2 xa está dispoñíbel para mercar no noso país, tanto a través da páxina web como nas diferentes tendas de electrónica coas que adoita traballar a compañía. O seu prezo é de 49 euros, e se pode mercar en negro ou vermello.

Sobre o autor

Reply