As galegas consumimos un 50% máis de datos nos últimos 18 anos segundo un estudo de R

A operadora galega R Cable vén de realizar un estudo entre a súa clientela de móbil – máis de 254.000 usuarias – que desvela que o consumo de datos móbiles medio é de 3,7 GB por terminal móbil e mes, o que supón un incremento do 50% nos últimos 18 meses.

Nesta evolución, a compañía destaca dous momentos estacionais nos que esa tendencia ascendente viuse modificada. Por unha banda, durante o confinamento, o aumento do uso das redes WiFi nos domicilios fixo diminuír o consumo de datos móbiles e, pola contra, durante as vacacións ocorreu todo o contrario, contabilizándose no mes de agosto un consumo medio de preto de 5,5 GB.

Do estudo realizado por R tamén se desprenden outras conclusións, como que 9 de cada 10 clientes da operadora teñen contratados servizos de banda larga fixa e móbil, e que a demanda de teléfono fixo diminuíu nun 4% no último ano e medio.

Pola contra, quizais por ter aumentado o tempo que pasamos na casa polas medidas de prevención da COVID-19, increméntase a demanda de televisión nun 5% no período dos últimos 18 meses. Por franxas horarias, os picos de consumo de televisión en Galiza sitúanse entre as 15.00 e as 16.00h, e entre as 21.00 e as 23.00h.

Se falamos de consumo de banda larga, R detecta que o volume descargado e subido por horas en días laborábeis aumenta considerabelmente entre as 21.00 e as 23.00 horas, mentres que entre as 4.00 e as 7.00 horas da mañá é o momento do día que rexistra consumos máis baixos.

Oferta variada

R foi actualizando o seu porfolio de tarifas e as súas promocións nos últimos meses para simplificar a oferta e facela máis atractiva.

Así, as usuarias que só queren servizo de móbil poden optar por contratar unha liña con chamadas ilimitadas e 10 GB por 10 €/mes ou con 30 GB por 16 €/mes,

De outra banda, quen prefira contratar banda larga fixa e móbil ten á súa disposición ofertas desde 54 € (prezo final), con 500 megas e xigas ilimitados durante un ano, como se pode ver no cadro superior.

Sobre o autor

4 Comments

  1. David 18 Novembro, 2020 Responder
  2. David 18 Novembro, 2020 Responder
  3. David 18 Novembro, 2020 Responder

Reply