Virgin Telco cumpre 6 meses de vida superando os obxectivos marcados

O pasado 20 de maio, en plena pandemia, o Grupo Euskaltel lanzou Virgin Telco. Trátase dunha nova marca pensada para operar no conxunto do Estado, e non só nos territorios das outras marcas senlleiras do Grupo (R, Telecable e Euskaltel).

Logo de seis meses de vida, a compañía amósase máis que satisfeita ao ter superado todos os seus obxectivos de captación de clientela, que prevían rematar o 2020 con 35.000 usuarias con servizos fixos. Así, a compañía conta a día de hoxe con máis de 43.000 clientas con servizos fixos (un 23% máis do previsto), ás que hai que supar outras 15.000 que teñen contratado só móbil, sumando máis de 58.000 clientas totais.

A explicación a estes datos a compañía lígaos á evolución da súa rede, xa que neste primeiro semestre de vida Virgin chega a cubrir 21,5 millóns de fogares en todo o territorio estatal, unha cifra por riba dos 18 millóns que estimaba Euskaltel. Destes, máis de 3,2 millóns están en Madrid, case 3 en Barcelona, máis de 1,3 millóns en Valencia e preto de 1 millón en Málaga, Sevilla ou Alacant.

Tamén é importante destacar para chegar a estas cifras os diferentes acordos con outras compañías, como é o caso de Orange para rede fixa e móbil, de Telefónica para ofrecer servizos NEBA en zonas exentas de regulación, ou Adamo, para usar a súa rede de fibra a nível nacional.

Unha oferta completa e simple

É evidente que boa parte do éxito de Virgin explícase na simplicidade da súa oferta, xa que malia ofrecer servizos de cuádruple play (fixo, Internet, móbil e televisión), faino de maneira sinxela e totalmente configurábel.

Así, as usuarias poden escoller se queren 300 Mbps (33 €/mes) ou 600 Mbps (39 €/mes), e a partir de aí elixir se engaden ou non servizos adicionais.

  • Se queren engadir móbil: poden escoller entre chamadas ilimitadas e 20 GB sumando 6 €/mes á cota ou con datos ilimitados por 29 €/mes.
  • Se queren engadir fixo: terán chamadas ilimitadas a fixos e 100 minutos a móbiles por 6 €/mes.
  • Se queren engadir televisión: poden escoller entre o pack Premium, con máis de 50 canles e replay por 8 €/mes ou o pack Premium+, con máis de 90 canles e replay por 14 €/mes.

Virgin tamén permite contratar Netflix, agora en promoción 6 meses de balde, e co que agasalla 10 GB extra para poder consumir estes contidos en calquera lugar. Así mesmo, tamén está ofrecendo datos ilimitados sen custe até 2021.

Sobre o autor

Reply