realme anuncia o lanzamento mundual do realme 7 5G

A marca realme estase a converter nun auténtico revulsivo no noso país e, en xeral, en todo o mundo, situándose este 2020 como a marca que máis está a medrar. A semana pasada celebrou un evento de presentación no que desvelou a chegada de tres novos produtos: o realme 7 5G, o realme Watch S e o realme Buds Air Pro.

Presentado primeiro en Europa antes do seu lanzamento global, o realme 7 5G aspira a converterse no teléfono 5G máis asequíbel deste ano, permitindo disfrutar desta nova tecnoloxía ás usuarias interesadas por 279 euros, un prezo que se verá rebaixado até os 229 euros entre o 27 e o 30 de novembro polo Black Friday (oferta exclusiva en Amazon).

Entre as características deste modelo destaca a súa pantalla de 6,5 polgadas e 120 Hz, unha batería de 5.000 mAh con carga rápida de 30 W e un procesador MediaTek Dimensity 800U, o que convirte a este terminal nun dos máis equilibrados da súa gama media. Vén con configuración de 6 GB + 128 GB e dispón de lector de pegadas dixitais.

No noso país comercializarase nunha única cor, azul “báltico”.

realme Buds Air Pro

Pola súa banda, os realme Buds Air Pro son uns auriculares que destacan pola súa cancelación de ruído. A compañía asegura que esta redución pode chegar até os 35 dB, e destaca o filtro para eliminar sons como o teclear no ordenador ou o ruído do medio de transporte no que nos esteamos a mover (avión, tren…).

Chegan ao mercado por 89,99 euros, e se poderán mercar a partir do próximo 3 de decembro na web de realme, e tamén en Amazon e a web ded PcComponentes.

realme Watch S

Por último, o realme Watch S é un reloxo que custa 79,99 euros e é compatíbel tanto con Android coma con iOS, capaz de rexistrar automaticamente 16 deportes diferentes.

Dispón dunha pantalla táctil redonda de 1,3 polgadas con brillo automático e máis de 100 esferas personalizadas. Está fabricado en aluminio, e dispón de varios sensores que nos permiten monitorizar o ritmo cardíaco e o nível de oxíxeno en sangue, entre outras.

Sobre o autor

Reply