Os novos Nokia 3.4 e Nokia 2.4 chegan ao noso país

HMD Global anunciou esta semana dúas novas incorporacións á súa familia de smartphones de gama de entrada, o Nokia 3.4 e Nokia 2.4, dispositivos nos que a marca aposta por Android e un deseño orientado a un público que busca produtos accesíbeis e ao tempo duradeiros.

O novo Nokia 2.4 chega con imaxes de Intelixencia Artificial, dous días de duración de batería e unha gran pantalla HD+. Para aquelas persoas que buscan máis, o Nokia 3.4 ofrece unha triple cámara con lente ultra wide, mellor rendemento e máis espazo para a pantalla grazas á perforación da mesma.

Nokia 2.4

Entre as melloras da serie 2 de Nokia introducidas no Nokia 2.4 temos a IA, que permite á marca ofrecer un modo nocturno adicado e un editor de retratos que permite xogar cos fondos difuminados, mesmo despois de ter tomado as fotos.

Tamén leva sensor de pegadas dixitais, desbloqueo facial e un deseño duradeiro. A pantalla é de 6,5 polgadas, e ofrece actualizacións garantidas ás versións de Android 11 e 12. En canto ás memorias, usa 3 GB de RAM e 64 GB de interna.

Nokia 3.4

Pola súa banda, o Nokia 3.4 ofrece unha mellora considerábel de rendemento con respecto ao 2.4, grazas á inclusión do Qualcomm Snapdragon 460, que se ben non é dos procesadores máis potentes si que ofrece unha maior potencia para aproveitar mellor o teléfono. Leva 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno.

A súa pantalla é de 6,4 polgadas, con perforación para a cámara frontal, e dispón de cámara traseira triple. Tamén inclúe garantía de actualización software dispoñíbel durante 3 anos.

Dispoñibilidade e prezo

Os novos Nokia 2.4 e 3.4 xa se poden mercar no noso país, onde están dispoñíbeis por 139 e 169 euros, respectivamente. Ambos os dous chegan en cores azuis e carbón.

Sobre o autor

Reply