Movistar ten previsto comezar con forza o próximo 2021, e para ir abrindo boca vén de anunciar novidades que afectan ao servizo de fixo, onde ten previsto aumentar as velocidades de conexión. Esta actualización tamén supón un sutil cambio no prezo das tarifas converxentes, de 3 euros máis en todos os produtos agás en Fusión 0, onde esta suba é de 2 euros.
A compañía, que actualmente ofrece dúas velocidades de conexión por fibra FTTH (100 e 600 Mbps simétricos), actualizará a oferta para pasalas a 300 Mbps e 1 Gbps (1000 Mbps) respectivamente a partir do próximo 12 de xaneiro, aínda que o cambio non será automático e serán as propias clientas as que teñan que poñerse en contacto coa compañía para facelo efectivo.
A operadora tamén mellorará as condicións da liña móbil principal do paquete “Fusión 0”, que na actualidade conta con 200 minutos en chamadas e 15 GB de navegación. A partir do 12 de xaneiro a tarifa aumenta 10 GB a franquía de datos, situándose nun total de 15 GB.
Movistar era a única das catro grandes operadoras que non estaban a ofrecer conexións de 1 Gbps, xa que Vodafone, Orange e Yoigo levan tempo tendo esta alternativa no seu porfolio de servizos, ademais de outras compañías con menor implantación, como Adamo ou Virgin Telco.