Xa se pode contratar un número fixo con Fi Network

Fi Network, unha das operadoras virtuais máis competitivas e que máis está a captar clientela este 2020, vén de engadir un novo servizo ao seu catálogo: a numeración fixa.

Malia esa denominación, en realidade trátase dun servizo baseado nunha solución móbil (semellante á que ofrecen outras operadoas), nas que se dispón dunha tarxeta SIM móbil cun número asociado ao que se lle desvía unha numeración fixa.

Este servizo ten claramente dous perfís de usuario: por unha banda están as empresas, que adoitan preferir este tipo de numeración ao ofrecer á clientela máis confianza que chamar a un móbil, e por outro aquelas usuarias dunha certa idade que non queren perder o número fixo co que levan toda a vida.

As persoas interesadas en contratar este servizo terán chamadas ilimitadas a fixos e móbiles por 9,90 €/mes para sempre, se contratan antes do 31 de xaneiro. Quen o faga despois, poderá elixir entre ter este servizo cun bono de 100 minutos ao mes por eses 9,90 €/mes ou 11,90 €/mes se prefiren ter chamadas ilimitadas.

Quen precise un terminal para usar esta SIM – que funciona con calquera móbil – Fi Network ofrece o modelo Telefunken S420 de maneira gratuíta, aínda que asociando este agasallo a unha permanencia de 12 meses (ou unha penalización proporcional de 50 euros.

Sobre o autor

Reply